Aleksandr Pushkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Tras rematar a súa formación académica instalouse na capital, San Petersburgo. En [[1820]] entrou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores, onde pouco a pouco se foi involucrando nos movementos de reforma social, escribindo algúns poemas sediciosos coma a ''Oda á liberdade,'' que estivo a piques de valerlle o desterro a [[Siberia]], porén acabou desterrado en ''Yekaterinoslav'' (actual [[Dnipropetrovsk]]) ao servizo do xeneral Ínzov.
 
[[Ficheiro:Pushkin farewell to the sea.jpg|miniatura|250px|''O adeus de Pushkin ao Mar'' de [[Iván Aivazovski]] e [[IliáIlia Repin]] ([[1877]]).]]
Na cidade [[ucraína]] enfermou de febres, polo que foi acollido pola familia do xeneral [[Nikolái Rayevski]], coa que viaxou entre [[1820]] e [[1821]] polo [[Cáucaso]] e [[Crimea]], froito do que compuxo obras coma ''Kavkazskiy plennik'' (''O prisioneiro do Cáucaso''). Entre [[1820]] e [[1823]] estableceuse en [[Chişinău]], capital de [[Besarabia]], onde comezou a súa obra máis recordada, ''Yevgeny Onegin'' (''Uxío Oneguin''). Nesta cidade tamén ingresou na loxia [[Masonería|masónica]] ''Ovidio''.