Operación chumbo fundido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 5 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 47:
Trala non renovación da tregua por parte de Hamas, aducindo que Israel non cumprira cos termos do acordo, a propia Hamas pescudou un novo achegamento para renova-la tregua mediante o cumprimento dos termos do acordo orixinal. Así pois, o 23 de decembro, un dos líderes de Hamas, [[Mahmou az-Zahar]], instou a renova-la tregua neses mesmos termos<ref>[http://www.ynet.co.il/english/articles/0,7340,L-3642815,00.html Hamas: Willing to renew truce] {{En}}.</ref>. Ese mesmo día as [[Forzas de Defensa Israelís]] (FDI) mataron un membro de Hamas e feriron outros dous que supostamente estaban a lanzar foguetes<ref>[http://www.reuters.com/article/topNews/idUSTRE4BM2ZP20081224 Flare-up dims truce hopes along Israel-Gaza border], Reuters {{En}}.</ref>.
 
Ó día seguinte máis de 60 morteiros e foguetes Qassam foron lanzados sobre Israel sen causar ningún ferido<ref>[http://fr.jpost.com/servlet/Satellite?pagename=JPost/JPArticle/ShowFull&cid=1229868837971 IDF gets green light to strike Hamas after rocket barrage] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100919025443/http://www.haaretz.com/print-edition/news/olmert-labels-syria-talks-historic-breakthrough-1.246321 |date=19 de setembro de 2010 }}, The Jerusalem Post {{En}}.</ref>. O ministro de defensa israelí, [[Ehud Barak]], asegurou que ían responder ós foguetes, e que Hamas ía paga-lo prezo como responsables dos ataques. Na mesma liña o primeiro ministro [[Ehud Olmert]] afirmou a unha canle árabe esas ameazas: "''estoullo dicindo agora, pode se-lo derradeiro minuto, estou dicindo que paren. Nós somos máis fortes''"<ref name=Begin>[http://www.foxnews.com/story/0,2933,472856,00.html Olmert Delivers 'Last Minute' Warning to Gaza] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20081228040449/http://www.foxnews.com/story/0%2C2933%2C472856%2C00.html |date=28 de decembro de 2008 }}, FOX News {{En}}.</ref>. Xa daquela oficiais da defensa aseguraban estar a piques de lanzar unha operación de ataques aéreos contra as lanzadeiras de foguetes, que continuaría cunha invasión terrestre<ref name=Begin/>.
 
=== Planificación da operación ===