Mar Caribe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeoloxía: arranxiños
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Xeoloxía: arranxiño
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 114:
O mar Caribe é un mar oceánico situado sobre a [[placa do Caribe]]. Está separado do océnao por algúns [[Arco insular|arcos insulares]] de distintas idades. Os tramos máis novos están nas Pequenas Antillas entre as Illas Virxes e Trinidad e Tobago. Este arco formouse pola colisión entre a [[placa suramericana]] e a placa do Caribe, e inclúe [[volcán]]s activos e extintos como o [[Monte Pelée]] na Martinica, o [[Quill]] na illa de [[San Eustaquio]] no [[Caribe Neerlandés]] e [[Parque Nacional de Morne Trois Pitons|Morne Trois Pitons]] na [[Dominica]]. As illas máis grandes na parte norte do Caribe (Cuba, A Española, Xamaica e Porto Rico) están nun arco insular máis vello.
 
A idade xeolóxica do mar Caribe estímase entre 160 e 180&nbsp;millóns de anos, e formouse por unha fractura horizontal no [[Mesozoico]] que dividiu o [[supercontinente]] [[Panxea]].<ref>{{cita web |apelidos=Iturralde-Vinent |nome=Manuel |ano=2004 |título=Los primeros pobladores del Caribe |páxina-web=redciencia.cu |url=http://www.redciencia.cu/cdorigen/arca/primp.html |dataacceso=11 de outubro de 2018 |lingua=es}}</ref> Está amplamente asumido que a bacía proto-caribeña xa existía no [[Devónico]], e que perdeu tamaño a comezos do [[Carbonífero]] polo movemento cara o norte de [[Gondwana]] e a súa converxencia con [[Laurusia]]. O seguinte estadio na formación do mar Caribe comezou no [[Triásico]]. O poderoso [[rift]]ing levou á formación de canles estreitas fosas que se estendían desde a moderna [[Terra Nova]] ata a costa oeste do golfo de México, que formou [[Rocha sedimentaria|rochas sedimentarias]] [[siliciclástica]]s. A comezos do [[Xurásico]], debido á acción da [[transgresión mariña]], a auga penetrou na áres do que hoxe é o golfo de México creando un vasto estanque superficial. Durante o rifting do [[Xurásico Medio]] apareceron as cuncas profundas no Caribe que marcaron o principio do océano Atlántico e contribuíron á destrucción de Panxea e á fin do Xurásico tardío. Durante o [[Cretáceo]], o Caribe adquiriu a forma pechada que podemos observar hoxe. A comezos do [[Paleóxeno]], e debido á regresión mariña, o Caribe comezou a separarse do golfo de México e do océano Atlántico por medio das terras de Cuba e Haití. O mar Caribe permaneceu así na maior parte do [[Cenozoico]] ata o [[Holoceno]], cando a elevación do nivel das augas dos océanos restaurou a comunicación co océano Atlántico.
 
[[Ficheiro:Caribbean Sea Gulf of Mexico shaded relief bathymetry land map.png|miniatura|Mapa do [[leito oceánico]] do mar Caribe e o golfo de México.]]