Tareixa, condesa de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
repetido
Sen resumo de edición
Liña 25:
 
== Traxectoria ==
Foi filla ilexítima do rei [[Afonso VI de León]] e da aristócrata [[Bierzo|berciana]] Ximena Muñiz. Existe controversia sobre o lugar do seu nacemento que puido ser no [[mosteiro de Montederramo]] ([[Galicia]]) ou na vila de [[Póvoa de Lanhoso]] (actual [[Portugal]]). Durante a súa infancia criouse na casa condal berciana, onde Tareixa pasou a maior parte da súa infancia xunto coa súa irmá Xeloria (Elvira).
 
En 1093 Tareixa foi prometida por decisión paterna con [[Henrique de Borgoña]], un afamado cruzado [[Borgoña|borgoñón]] que combatera nas filas do seu pai en diferentes campañas militares. A pesar da diferenza de idade -Tareixa contaba tan só contiña trece anos de idade mentres que Henrique tiña 24- o rei deulles como dote o condado galego de Portugal, que abarcaba as terras entre o [[río Miño]] e o [[Río Vouga|Vouga]], e que a partir do ano 1096, se estendería até o Texo, englobando tamén o condado de Coimbra.
 
Tras sufrir o ataque das forzas da súa media-irmá, a raíña [[Urraca de León e Castela]], as terras de Tareixa retrocederon desde a marxe esquerda do [[río Miño]], derrotadas e dispersas, ata que a propia Tareixa se refuxiou no [[Castelo de Lanhoso]], onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca ([[1121]]). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o [[Tratado de Lanhoso]], polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.
 
A súa alianza e conexión co galego [[Fernando Pérez de Traba|Fernando Pérez]], [[Casa de Traba|conde de Traba]], puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Henriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na [[batalla de San Mamede]] en [[1128]].
Liña 35:
Obrigada dese modo a deixar a gobernación, algúns autores{{quen}} defenden que foi detida polo propio fillo no castelo de Lanhoso, outros que se exiliou nun convento de [[Póvoa de Lanhoso]], onde faleceu en 1130. Modernamente, con todo, arguméntase que, logo da batalla e xa en fuga, ela e o conde Fernando Pérez foron aprisionados e inmediatamente expulsados de Portugal. A condesa sobreviviu ao desastre, falecendo en [[Galicia]] a finais de 1130.
 
Os seus restos mortais foron traídoslevados máis tarde para a [[catedral de Braga]], onde aínda hoxe repousan xunto á tumba do seu primeiro marido, o conde Henrique de Borgoña.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita enciclopedia |artigo=Tareixa de Portugal |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
 
{{s-start}}