Cataratas do Niágara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 46:
[[Ficheiro:Niagara watervallen us.jpg|250px|miniatura|dereita|Vista das cataratas norteamericanas (maior caída de auga, á esquerda) e das cataratas de Bridal Veil (menor caída de auga, á dereita).]]
 
Cando o [[Rusia|ruso]] nacionalizado norteamericano [[Nikola Tesla]] inventou a [[corrente alterna]], o transporte de electricidade a longas distancias tornouse posíbel. En [[1883]], a ''Niagara Falls Power Company'', sucesora da ''Niagara Falls Hydraulic Power and Mining Company'', contratou a [[George Westinghouse]] para que desenvovese un sistema para a xeración de corrente alterna. En [[1896]], financiada por xigantes como a [[J.P. Morgan]], [[John Jacob Astor IV]], e a [[William Kissam Vanderbilt|Vanderbilt]], a ''Niagara Falls Power Company'' terminou a construción de canais subterráneos, que desviaban auga do río Niágara cara ás súas turbinas. Este sistema era capaz de producir até 75 [[watt|megawatios]] de electricidade, que era transportada até [[Buffalo, Nova York|Buffalo]], localizada no estado de Nova York, a 32 quilómetros das cataratas.
 
As compañías privadas do lado canadense tamén comezaron a tirar proveito da enerxía das cataratas, empregando firmas domésticas e norteamericanas para tal fin. O goberno da provincia canadense de [[Ontario]] someteu as operacións de produción e distribución de electricidade na rexión do Niágara ó control público, en [[1906]], distribuíndo a electricidade producida na rexión do Niágara para varias partes da provincia, especialmente no sur.