María Barbeito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: corrixo bibliografía
referencia
Liña 17:
En 1896 aprobou a reválida na Escola Normal como profesora de primeiro ensino superior, gañando praza nas oposicións de 1902 como mestra co número un da súa promoción con vinte e un anos. Escolleu como destino a Escola Graduada Pública de Párvulos "Da Guarda", na súa cidade local. Dende 1911 exerceu como directora da escola, que converteu nun colexio modelo, sendo pioneira na renovación pedagóxica. Introduciu en [[Galicia]] os principios de [[Maria Montessori]]<ref>Josefina Aldecoa, Aurora Marco, Consuelo Flecha: ''Treinta retratos de maestras. De la Segunda república a nuestros días''. Ed. WK Educación, 2005. 207 pp. ISBN 84-7197-831-8</ref> e o seu [[Método Montessori|método]], baseado en fundamentos psicopedagóxicos de liberdade e autoactividade dos nenos nun ambiente que favoreza o seu desenvolvemento. Así mesmo, introduciu o método dos [[centros de interese]] desenvolvidos polo belga [[Ovide Decroly]], consistente en desenvolver un plan de estudo conforme cos intereses dos nenos en cada idade. Na memoria de actividades que redactou en 1932 recolleu o seu proxecto curricular e a súa metodoloxía educativa coa dotación de material do método Montessori que importou de [[Italia]] en 1915, coleccións de láminas didácticas, unha [[gramola]] para audicións musicais, unha biblioteca escolar e unha Biblioteca Popular Circulante, á que doou parte da súa colección bibliográfica.<ref name=":0">{{Cita Harvard sen parénteses|Romero Masiá|p=296}}</ref>
 
En 1933 obtivo por concurso de méritos o cargo de Inspectora Mestra dende o que creou un Plan de Lectura Global (1934) para as escolas da súa zona de inspección. En 1935 obtivo unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudios grazas a cal emprendeu unha viaxe por Europa xunto con outros dez docentes españois. Visitou institucións educativas de [[Francia]], [[Bélxica]], [[Países Baixos]], [[Alemaña]], [[Suíza]] e [[Italia]] nos que tomou contacto cos métodos pedagóxicos que se impartían en Europa.<ref>[[Josefina Aldecoa]], Aurora Marco, consuelo Flecha. 2005. ''Treinta retratos de maestras. De la Segunda república a nuestros días''. Ed. WK Educación. páx. 44. ISBN 84-7197-831-8 [http://books.google.com/books?id=pVV1AdFxuXMC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_atb#v=onepage&q&f=false en liña].</ref> Tralo regreso escribiu como resumo da viaxe e das visitas realizadas ''Países y Escuelas'' ("Países e escolas"), en que realiza unha crítica das prácticas pedagóxicas observadas aprobando aspectos como a gratuidade e a obrigatoriedade das escolas públicas de Bélxica, ou o espírito democrático das escolas alemás baixo os plans da [[pedagoxía Waldorf]] de [[Rudolf Steiner]], ou o ambiente de escola activa de Milán impulsado por [[Giuseppina Pizzigoni]].
 
En 19371936, co triunfo do golpe militar, foi afastada do seu posto de mestra das escolas "Da Guarda"<ref>{{Cita web|url=http://praza.gal/cultura/9714/la-maria-barbeito-non-a-fusilaron-pero-afastala-da-escola-foi-como-matala-en-vidar/|apelidos=Dopico|nome=Montse|data-publicación=22-06-2015|páxina-web=praza.gal|título=“A María Barbeito non a fusilaron, pero afastala da escola foi como matala en vida”|data-acceso=}}</ref> e despois, o ano sguinte, tivo que sometersese someter á Comisión Depuradora do Maxisterio. En 1941, con sesenta anos, foi destituída dos seus cargos académicos e forzada a xubilarse por razóns políticas.<ref>[[Aurora Marco]], Anxo Serafín Porto Ucha: ''A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a Escola Universitaria, 1849-1996''. Volume 6 de Textos históricos Fonseca. Universidade de Santiago de Compostela, 2000. 378 pp. ISBN 84-8121-854-5</ref> Iniciou unha nova etapa retirada dos centros escolares dedicándose á escritura e á tradución de libros escritos en francés.
 
Entre os temas de interese dentro da área de pedagoxía figura o [[bilingüismo]] na escola galega sobre o que publicou un artigo no Boletín da Academia Galega en agosto de 1931,<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2550&d-447263-p=3|título=El bilinguismo en la escuela|apelidos=Barbieto y Cerviño|nome=María|data=agosto de 1931|revista=Boletín de la Academia Gallega|dataacceso=14 de outubro de 2017|doi=|pmid=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171014182802/http://realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2550&d-447263-p=3|dataarquivo=14 de outubro de 2017|urlmorta=si}}</ref>, en que recoñecendo o seu "rexionalismo puro" formula a necesidade do uso da [[lingua materna]] entre mestre e discípulos así como revindica:
Liña 24 ⟶ 26:
 
Pertenceu ao [[Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento]] e á [[Real Academia Galega]], e obtivo diversos premios literarios e distincións como a Medalla de Mutualidades, a Cruz de Beneficencia e a Medalla de Ouro da [[Cruz Vermella]]. Como muller declarou "son feminista, aínda que non revolucionaria" insistindo na importancia da educación das mulleres e sendo firme defensora dos dereitos da muller.<ref name=":0" />
 
En 1937 tivo que someterse á Comisión Depuradora do Maxisterio. En 1941, con sesenta anos, foi destituída dos seus cargos académicos e forzada a xubilarse por razóns políticas.<ref>[[Aurora Marco]], Anxo Serafín Porto Ucha: ''A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a Escola Universitaria, 1849-1996''. Volume 6 de Textos históricos Fonseca. Universidade de Santiago de Compostela, 2000. 378 pp. ISBN 84-8121-854-5</ref> Iniciou unha nova etapa retirada dos centros escolares dedicándose á escritura e á tradución de libros escritos en francés.
 
== Vida persoal ==