Mar Caribe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Límites: engado oceanografía de en:caribbean sea
Etiqueta: edición de código 2017
m arranxiño
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 57:
| campo4 =
}}
O '''mar Caribe''' é un mar [[Trópico|tropical]] situado entre as costas orientais de [[América central]] e as setentrionais de [[América do Sur]]. Tamén é chamado '''mar das Antillas''' por seren estas illas os seus límites polo norte ([[Grandes Antillas]]) e polo leste ([[Pequenas Antillas]]). Ao noroeste comunica co [[golfo de México]] a través da [[canle de Iucatán]], e co [[Océano Atlántico]] polas numerosas canles que se abren entre a grinaldagrilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km².
 
O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de [[Honduras]] e [[Nicaragua]] ata a illa de [[Xamaica]]. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das [[Illas Caimán]], entre [[Cuba]] e [[Xamaica]], con 7.500 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5.500 metros.