Recoñecemento de sinais de tráfico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
[[Ficheiro:Spain traffic signal s28.svg|miniatura|Inicio de zona residencial]]
 
'''Recoñecemento de sinais de tráfico''' é un algoritmo de visión por computador, forma parte da familia de algoritmos da tecnoloxía [[ADAS]]. Nos vehículos modernos equipados con sensores pasivos como a [[cámara]] pódese executar o proceso de identificación dos sinais de tráfico visíbeis na vía pública, permitindo ao sistema de navegación alertar ao condutor en caso de accións indebidas ou perigosas (p. ex. superar o límite de velocidade permitido ou tomar unha vía en dirección contraria ou prohibida).<ref>[https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-3-642-60243-6_10 Detección de sinais de tráfico]{{en}}</ref>
==Descrición==
 
Pódense distinguir tres compoñentes principais comúns a tódalastodas as solucións do algoritmo : detección, clasificación e integración temporal. A detección procura atopar sinais identificativos de cor ou forma para xerar un conxunto de rexións probábeis onde se pode atopar o sinal de tráfico na imaxe dada. O resultado desta detección normalízase, adecuando as intensidades dos píxeles para posteriormente ser analizados nunha fase de clasificación determinando se realmente entran na categoría de sinal de tráfico válido. Nun paso final, a integración temporal consiste en aumentar a confianza na decisión tomada pola fase de clasificación considerando imaxes subsecuentes á dada; isto require dunha capacidade de seguimento da rexión de interese a medida que pasa o tempo e o vehículo continua en movemento.
 
Os métodos de detección baseados na cor adoitan segmentar polos máis comúns nestes obxectos (vermello, azul e amarelo). Aquí existen diverxencias na programación, é posíbel a parametrización do algoritmo coa procura das cores requeridas ou pódese apostar por algoritmos de [[aprendizaxe automática]]. Por exemplo, Janssen et al.<ref>[https://scholar.google.com/scholar_lookup?title=F.Stein%2C%20and%20S.%20Ott.%20Hybrid%20approach%20for%20traffic%20sign%20recognition&author=R.%20Janssen&author=W.%20Ritter&pages=390-395&publication_year=1993 Detección de sinais de tráfico]{{en}}</ref> emprega unha guía de segmentación de píxeles baseada nunha táboa [[LUT]], que se obtén tralo adestramento dun polinómio de clasificación sobre un basto conxunto de datos. Este conxunto de datos esixe dunha fase previa de traballo manual onde operarios rexistran onde se localiza o sinal de tráfico baixo moi diversas condicións lumínicas. Após a clasificación dos píxeles en diversas clases de cor, increméntase gradualmente a rexión e pásase a un proceso de filtrado, no cal rexións candidatas son seleccionadas en base á cor, formas xeométricas xerais e locais, e relacións topolóxicas (p. ex. veciñanza)