Eduardo o Confesor: Diferenzas entre revisións

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sen resumo de edición
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
'''Eduardo o Confesor''', coñecido tamén como san '''Eduardo o Confesor, '''nado en 1003 e finado o [[5 de xaneiro]] de [[1066]], foi [[Monarquía británica|rei de Inglaterra]] entre [[1042]] e [[1066]]. Fillo de [[Etelredo II el Indeciso|Etelredo II o Indeciso]] e [[Emma de Normandía]], foi un dos últimos reis [[anglosaxóns]] de [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] e é xeralmente considerado como o último rei da [[casa de Wessex]].<ref>A numeración dos monarcas ingleses comeza de novo despois da [[Conquista normanda de Inglaterra|conquista normanda]], o que explica por que os numerais asignados aos reis ingleses chamados Eduardo comenzan con [[Eduardo I de Inglaterra]] e non inclúen a Eduardo el confesor (que foi o terceiro rei Eduardo).</ref><ref>O seu, [[Haroldo II de Inglaterra|Haroldo Godwinson]], era da casa de Godwin. [[Edgar Atheling]], o herdeiro lexítimo de Eduardo, foi proclamado rei despois da [[batalla de Hastings]] en 1066, pero nunca gobernou e foi deposto despois de oito semanas.</ref>
 
Eduardo foi o sucesor de [[Canuto Hardeknut]], fillo de [[Canuto o Grande]], e restaurou o goberno da casa de Wessex, despois do período do mandato danés desde que Canoto conquistou Inglaterra en 1016. Cando Eduardo morreu en 1066, foi sucedido por [[Haroldo II de Inglaterra|Haroldo Godwinson]], que foi derrotado e asasinado ese mesmo ano polos [[normandos]], comandados por [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]], durante a [[batalla de Hastings]].<ref>{{Cita web|url=http://www.spartacus.schoolnet.co.uk/MEDharold.htm|título=King Harold of Wessex|data-acceso=09 de outubro de 2018|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140220170639/http://www.spartacus.schoolnet.co.uk/MEDharold.htm|dataarquivo=20 de febreiro de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
Tradicionalmente descríbeselle como inxenuo e piadoso e crese que o seu reinado foi notable pola desintegración do poder real en Inglaterra e o avance no poder da familia Godwin. Con todo, os seus biógrafos Frank Barlow e Peter Rex están en desacordo, paira eles Eduardo foi un rei eficiente, dinámico, enxeñoso e ás veces implacable, pero cuxa reputación foi inxustamente embazada pola [[Conquista normanda de Inglaterra|conquista normanda]] que aconteceu pouco despois da súa morte.<ref name="DNB">Barlow, Frank. [http://www.oxforddnb.com/view/article/8516 «Edward the Confessor»] (en inglés). ''Oxford Dictionary of National Biography'', 2004.</ref><ref>Rex, Peter (2008). ''King and Saint: The Life of Edward the Confessor'', The History Press, p. 224.</ref> Outros historiadores consideran que esta imaxe é só parcialmente certa, pero que non o é en absoluto na última fase do seu reinado. En opinión de Richard Mortimer, o retorno dos Godwin desde o exilio en 1052, «significaba o fin efectivo do seu exercicio do poder». A diferenza no seu nivel de actividade en comparación coa primeira parte do seu reinado «implica unha retirada das responsabilidades».<ref>Mortimer, ''Edward the Confessor'', p. 29.</ref>
224.613

edicións