Guillerme IX de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Traxectoria ==
Naceu en [[1071]], fillo de [[Guillerme VIII de Aquitania]] e da súa terceira esposa, Audéarde de Borgoña, filla do duque [[Roberto I de Borgoña]]. Cando faleceu o seu pai en [[1086]], herdou uns dominios máis extensos que os do propio rei de [[Francia]], de quen era nominalmente vasalo. Nos anos 1101 e 1102, participou tardiamente na [[Primeira Cruzada]] trala caída de [[Xerusalén]]. Sostivo varias guerras contra os condes de [[Tolosa, Francia|Tolosa]]. Foi excomulgado en dúas ocasións, unha delas por abandonar á súa esposa lexítima e arrebatarlle á forza a muller a súa vasallo o vizconde de [[Châtellerault]]. Entre 1120 e 1123 combateu xunto a [[Afonso I de Aragón|Afonso I o Batallador]], o seu concuñado, para tentar arrebatar ós musulmáns o [[reino de Valencia]]. A vinculación de Guillerme o Trobador e Afonso o Batallador é dobre. Dunha parte, Inés de Aquitania (irmá de Guillerme o Trobador) casou con [[Pedro I de Aragón]], o cal faleceu sen descendencia masculina, herdando os seus reinos o seu irmán Afonso o Batallador. Doutra, porque á morte do Batallador, que faleceu sen descendencia, herdou os seus reinos o seu irmán [[Ramiro II de Aragón|Ramiro II o Monxe]], o cal casou con Inés de Poitou, filla de Guillerme o Trobador. Por iso é polo que o Trobador resultou cuñado de Pedro I de Aragón e concuñado dos seus irmáns, Afonso o Batallador e Ramiro o Monxe.
 
=== Descendencia ===
Do seu matrimonio con [[Filipa de Tolosa]] tivo os seguintes fillos:
* [[Inés de Poitou (1105-1159)|Inés de Poitou]] († [[1159]]), esposa de Aimar de Thouars e de [[Ramiro II de Aragón]];
* [[Guillerme X de Aquitania]] ([[1099]] - [[1137]]), derradeiro [[Ducado de Aquitania|duque de Aquitania]];
* [[Raimundo de Poitiers]] (ca. [[1115]]- [[1149]]), polo seu matrimonio con [[Constanza de Antioquía|Constanza]], [[Principado de Antioquía|Príncipe consorte de Antioquía]].
 
{{Control de autoridades}}