Mar Caribe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Extensión: cambip nome da sección
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Límites: engado oceanografía de en:caribbean sea
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 109:
 
Aínda que Barbados é unha illa situada na mesma plataforma continental, queda fóra dos límites sinalados pol cal se considera que está no Océano Atlántico máis ca no Mar Caribe.
 
== Oceanografía ==
 
[[Ficheiro:Golfstream.jpg|miniatura|Esquema da [[Corrente Ecuatorial do Norte]] e da [[Corrente do Golfo]].]]
A [[hydroloxía]] do mar Caribe ten un alto grao de homoxeneidade. As variacións anuais das temperaturas mensuais medias da auga na superficie non exceden de 3ºC. Durante os últimos cincuenta anos, o Caribe pasou por tres fases: arrefriando ata 1974, unha fase fría con picos durante 1974–1976 e 1984–1986 e finalmente unha fase de quencemento cun incremento da temperatura de 0,6ºC anuais. Virtualmente, todas as temperaturas extremas foron asociadas co fenómeno de [[El Niño]] e [[La Niña]]. A [[salinidade]] da auga é de arredor do 3,6% e a súa [[densidade]] está entre 1.023,5 e 1.024 kg/m3. A cor da auga superficial está entre verde azulado e verde.
 
A profundidade do mar Caribe nas súas concas máis anchas e as temperaturas das augas profundas son similares ás do Atlántico. Crese que as augas profundas do Atlántico espállanse no Caribe e contribúen á auga profunda deste mar.<ref name=Pernetta>{{cita libro |apelidos=Pernetta |nome=John |ano=2004 |título=Guide to the Oceans |localización=[[Buffalo, Nova York|Buffalo]], NY |editorial=Firefly Books |páxinas=177-178 |isbn=978-1-55297-942-6 |lingua=en}}</ref> A auga superficial (ata 100 m de profundidade) actúa como unha extensión do Atlántico norte xa que a [[Corrente de Güiana]] e parte da [[Corrente Ecuatorial do Norte]] penetran no Caribe polo leste. Na parte oeste do mar, os ventos [[alisio]]s producen unha corrente norte que causa un [[Afloramento (oceanografía)|afloramento]] e abundante pesca preto do Iucatán.<ref name=Pernetta/>
 
== División política ==