Neotrobadorismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén ==
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Foi xa no contexto das vangardas históricas cando algún autor concreto, tal é o caso de [[Álvaro Cunqueiro]], incorporou elementos do lirismo medieval co afán de construír textos vangardistas. Neste sentido, o neotrobadorismo cunqueiriano participa na mesma dirección e perspectivas que o neopopularismo presente nas páxinas, por exemplo, dos autores españois da [[Xeración do 27]]; é dicir, na loita por crear unha linguaxe nova, bótase man de recursos populares ou popularizantes e aínda desoutra tradición medieval -ao cabo, tamén se pensaba que as cantigas de amigo representaban unha "popularización" do mundo trobadoresco- en axuda desa procura. Así abrollan, daquela, os textos de ''Cantiga nova que se chama ribeira'' que conforman un "netrobadorismo vangardista".
 
Non obstante, semellante proxección non cadra nin coas intencións nin cos versos de [[Fermín Bouza-Brey]], moito máis apegados a unha concepción formal, academicista da poesía e, desde logo, afastados de calquera afán de vangarda. E desde logo, tampouco non vai cadrar coas perspectivas nin cos resultados do neotrobadorismo de posguerra -ao cabo, o momento no que aparecen máis textos encadrábeis dentro desa estética-, convertido nunha "forma inmóbil". En resumo, observamos unha representación dunha tendencia -que tamén atopa equivalentes no espazo da arquitectura, por exemplo- plenamente historicista, isto é, de recreación da historia e verdadeiro antídoto diante de novos horizontes. Por tanto, poderiamos dicir que o neotrobadorismo é unha tendencia poética non estrictamenteestritamente vangardista.
 
Este movemento neotrobadoresco tería continuación na [[posguerra]] e chega mesmo aos nosos días.