K'uk' Bahlam I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 35:
 
== Traxectoria ==
O seu nome en [[lingua maia clásica]] significa ''Quetzal Xaguar.'' De acordo á conta longa do [[calendario maia]] naceu o 8.18.0.13.6 5 kimi 14 kayab. Foi contemporáneo ó ahau [[Siyaj Chan K'awiil II]] de [[Tikal]], época durante a cal se rexistrou unha forte influencia da cultura de [[Teotihuacán]]. Ascendeu ó poder o 8.19.15.3.4 1 kan 2 kayab, é dicir, o 10 de marzo de 431, o seu reinado durou soamente catro anos.
 
[[Peter Mathews]] e [[Linda Schele]] foron os primeiros arqueólogos en estudar a dinastía dos gobernantes de Palenque, para iso utilizaron inicialmente a [[lingua ch’ol]] polo seu gran parecido co maia clásico, é por esta razón ás veces utilizouse o nome '''Bahlum-Kuk''' para se referir a este gobernante.<ref>Florescano, 2009; 234</ref><ref>Skidmore, 2008; 7</ref> De acordo cos glifos asociados da [[escrita maia]] co seu nome, é posible que a súa cidade estado fose chamada Baakl ou Baakal, cuxo signficado é Óso ou Lugar do ''Óso''.<ref>Skidmore, 2008; 8</ref>