Mar das Hébridas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web, |thumb| → |miniatura|
Liña 52:
}}
 
O '''Mar das Hébridas''' ({{IPAc-en | | h | ɛ | b | r | ᵻ | d | iː | z}}) é unha porción do [[Océano Atlántico]] do Norte, situada ao longo da costa oeste de [[Escocia]], entre o sur do arquipélago das [[Hébridas Exteriores]] e o norte do arquipélago das [[Hébridas Interiores]]. Ao norte, o Mar das Hébridas únese a [[O Minch]].<ref>C.Michael Hogan. 2011. [http://www.eoearth.org/article/Sea_of_Hebrides?topic=49523 ''Sea of the Hebrides''. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC]</ref>
 
O Mar das Hébridas forma parte dos [[Mares internos da costa oeste de Escocia]], tal como a define a [[Organización Hidrográfica Internacional]],<ref>{{citeCita web|url=http://www.iho.int/iho_pubs/standard/S-23/S-23_Ed3_1953_EN.pdf|title=Limits of Oceans and Seas, 3rd edition|year=1953|publisher=International Hydrographic Organization|accessdate=7 de febreiro de 2010}}</ref> e parte dos mares do oeste de Escocia en canto á xestión pesqueira.
 
== Xeografía ==
[[ficheiro:Isle of Canna Panorama 2.jpg|thumbminiatura|250px|left|Panorama de [[Sanday]] (desde o outeiro da Boussole, na illa de [[Canna (Escocia)|Canna]]). Ao fondo, a illa de [[Rùm]]. Todas estas illas están bañadas polo mar das Hebridas.]]
 
O mar das Hébridas comunica directamente co océano Atlántico polo sur, e, indirectamente, tamén o fai polo oeste a través dos diferentes estreitos existentes entre as distintas illas do grupo sur das [[Hébridas Exteriores]]. Polo norte, a través do estreito chamado [[O pequeno Minch]] conecta con outro mar epicontinental do océano Atlántico, [[O Minch]].
 
Os límites do mar das Hébridas non están claramente definidos, pero habitualmente adóitase considerar como límite suroccidental a liña que une o illote de [[Solan]], no oeste, e a illa de [[Tiree]], no sueste; como límite oriental, a costa occidental da [[illa de Mull]], unha pequena parte da costa noroccidental da illa de Gran Bretaña e a costa suroccidental da [[illa de Skye]]; como límite occidental, o grupo de illas meridionais das Hébridas Exteriores, [[Barra (Escocia)|Barra]], [[South Uist]] e [[Benbecula]]; e, o límite norte, é o inicio da canle do pequeno Minch, entre a illa de [[Grimsay]] e a punta oriental da illa de Skye.
 
No interior do mar das Hébridas están localizadas varias illas importantes, como [[Illa de Rum|Rum]] (104´62 &nbsp;km²), [[Eigg]] (30´49 &nbsp;km²), [[Tiree]] (78´2 &nbsp;km²), [[Coll]] (76´92 &nbsp;km²), [[Canna (Escocia)|Canna]] (11´30 &nbsp;km²), [[Muck]] (5´59 &nbsp;km²).
 
No mar das Hébridas prestan servizo varias compañías de transbordadores que comunican as illas, con liñas como Castlebay-Oban, Bag a Chaisteil-Maillag, Eigg-Maillag ou Lochboisdale-Oban.