Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de ligazón interna.
m Arranxos varios
Liña 14:
| Visitantes =
| Dirección = 5, rue Vivienne.<br/>75002 [[París]]
| Web = [http://http://www.bnf.fr/fr/la_bnf/dpt_mma/s.actualites_monnaies_medailles.html Sitio web oficial]
}}
 
O '''Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia''' (en [[Lingua francesa|francés]]: ''Cabinet des Médailles'' ''de la Bibliothèque Nationale de France''), denominado oficialmente '''Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia '''(''Département des Monnaies, médailles et antiques de la Bibliothèque Nationale de France'') é unha institución encargada de conservar, difundir e dar valor ás coleccións numismáticas e de antigüidades da [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]].<ref>[http://www.bnf.fr/fr/la_bnf/dpt_mma/s.actualites_monnaies_medailles.html Presentación do Gabinete], na súa sección dentro da web da Biblioteca Nacional de Francia.</ref>
 
Herdeiro do antigo Gabinete de Medallas dos [[Lista de monarcas de Francia|reis de Francia]], é o máis antigo dos [[Museo|museosmuseo]]s [[Francia|franceses]] abertos ao público. O Gabinete sitúase dentro das instalacións da Biblioteca Nacional de Francia, no número 58 da rúa de Richelieu e no número 5 da rúa Vivienne, no distrito II de [[París]]. É visitable en horario de 10:00 a 18:00 horas de luns a sábado.<ref>"[http://www.bnf.fr/fr/la_bnf/dpt_mma/s.pratique_mma.html?first_Art=non Département des Monnaies, médailles et antiques : informations pratiques]". En ''BnF.fr''</ref>
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Jeanne-la-Folle et Charles-Quint 100 ducats Aragon 1528.jpg|miniatura|esquerda|Moeda do '''Gabinete de Medallas''': 100 [[Ducado (moeda)|ducados]] de ouro do [[Reino de Aragón]] a nome de [[Xoana I de Castela]] e o seu fillo, [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]], cuñada en [[Zaragoza]] en [[1528]]. [[Peso]]: 349,32 [[Gramo|g]]. [[Diámetro]]: 84 [[Milímetro|mm]]. Único exemplar coñecido.]]
O Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia acolle coleccións de [[Xoia|xoiasxoia]]s, pedras gravadas ([[Entalladura|entalladurasentalladura]]s e [[Camafeo|camafeoscamafeo]]s), [[Escultura|esculturasescultura]]s, [[cerámica]] e "medallas" (o nome dado ata o [[século XIX]] ás [[Moeda (peza metálica)|moedas]] [[Idade Antiga|antigas]]) recollidas polos reis de Francia desde a [[Idade Media]]. Estas coleccións leváronse a cabo non só polo lecer dos [[Monarca|soberanos]] e das súas familias, senón tamén como reserva de [[Metal nobre|metais nobres]] e de riqueza.
 
Foi [[Francisco I de Francia|Francisco I]] quen, caracterizándoo dentro do [[Dominio real francés|patrimonio da Coroa]] —ao que pertence ''[[de iure]]''—, lle atribuíu ao Gabinete unha certa autonomía dentro dos muros do [[castelo de Fontainebleau]], o que constituíu o xermolo da primeira colección, que foi alimentado despois por [[Catarina de Medici|Catarina de Médici]]. Ao remate das [[Guerras de relixión (Francia)|guerras de relixión]], [[Carlos IX de Francia|Carlos IX]] ([[1560]]-[[1574]]) creou o posto de "garda particular das medallas e das antigüidades do rei", para protexer o patrimonio da Coroa.<ref>Sarmant, T. (1994). Páxinas 10-11.</ref> O primeiro garda do que se ten constancia da ocupación deste posto foi Pierre-Antoine de Rascas de Bagarris, nomeado por [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]].<ref>[http://www.bnf.fr/documents/gardes_medailles_1753.pdf ''Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753'']. Biblioteca Nacional de Francia. 2007</ref>
Liña 30:
 
[[Ficheiro:A Engraving of the "Abbé de Louvois" (Camille Le Tellier 1675-1718) after Hyacinthe Rigaud.jpg|miniatura|esquerda|Un dos administradores do '''Gabinete de Medallas''' no [[século XVII]] Camille Le Tellier de Louvois ([[1675]]-[[1718]])]]
En [[1682]] publicouse a primeira colección das moedas do gabinete de Luís XIV, consistente en corenta e unha pranchas encomendadas ao [[Gravado|gravadorgravado]]r francés Gilles Jodelet de La Boissière: este volume, encargado polo ministro Colbert, non tivo continuación, por mor da súa morte.
 
Logo, o Gabinete foi novamente trasladado en febreiro de [[1648]], esta vez ao [[Palacio de Versalles]], onde o rei mandou acomodar unhas instalacións para o efecto. Estes traballos levaron consigo un desembolso importante, que sufragou tamén unha edición dun inventario crítico ilustrado a cargo de diversos especialistas.<ref>Blaselle, B. et al. (2006). Páxina 21.</ref><ref>Schnapper, A. (1994). Páxinas 326-347. </ref>
 
En [[1717]], o erudito [[Camille Le Tellier de Louvois]], daquela administrador do Gabinete, decidiu a volta da institución desde [[Versalles]] a París, feito que non ocorreu finalmente ata [[1741]], cando pasou a ocupar o salón da [[Anne-Thérèse de Marguenat de Courcelles|Marquesa de Lambert]] no antigo hotel de Nevers, ao pé da rúa Richelieu, na actual sede da Biblioteca Nacional de Francia. Mentres tanto, de [[1720]] a [[1740]], o [[arquitecto]] francés Jules-Robert de Cotte preparou a estancia ata a converter nun lugar suntuso coñecido como "O Salón Luís XV", que finalmente acabou por ser destruído en 1860 a raíz dunha nova remodelación da zona.<ref>Blaselle, B. et al. (2006). Páxina 29.</ref><ref>Bodenstein, F. "[https://journals.openedition.org/lha/233 Le salon Louis XV à la Bibliothèque nationale de France : l’archéologie et la reconstitution d’un lieu d’histoire (1865-1913)]". En ''Livraisons d'histoire et d'architecture'', 19, 2010. <abbr>Páxinas</abbr> 9-24.</ref><ref>Babelon, J. ''Le Cabinet du roi ou le salon Louis XV de la Bibliothèque nationale.'' G. Van Oest, 1927. Páxina 5. </ref>
 
[[Ficheiro:CdM, tesoro di tarso, multiplo d'oro di alessandro severo (230 c.) e medaglioni con le effigi di alessandro magno e di filippo il macedone.JPG|miniatura|[[Moeda da Antiga Grecia|Moedas gregas]] no '''Gabinete de Medallas''': múltiplos de ouro de [[Alexandre Severo]] ([[222]]-[[235]]), de Alexandre o Grande ([[336]]-[[323]]) e de Filipo II de Madedonia ([[394]]-[[-370|370 a. de C.]]), procedentes do Tesouro de Tarso]]
Desa época, o Gabinete conserva aínda hoxe [[Medalla|medallasmedalla]]s e pinturas de [[François Boucher|Boucher]], [[Charles-Joseph Natoire|Natoire]] e [[Charles André van Loo|Van Loo]]. Entre os anticuarios e eruditos que dirixiron o Gabinete, un dos máis sobranceiros foi [[Théophile Marion Dumersan|Dumersan]], quen comezou os seus traballos en [[1795]] e conseguiu protexer a colección da súa dispersión logo da derrota dos aliados de [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] e publicou unha historia e unha descrición da colecciónen [[1838]].<ref name="Dumersan, T. M. 1822">Dumersan, T. M. (1822).</ref><ref> name="Dumersan, T. M. (1822).<"/ref>
 
Con todo, cando o arquitecto [[Jean-Louis Pascal]] proxectou e construíu a actual sede do Departamento de Moedas e Medallas, entre [[1890]] e [[1913]], nunha zona nova da Biblioteca Nacional de Francia na rúa Vivienne, decidiu, coordinadamente co director do departamento, o [[Numismática|numismático]] [[Ernest Babelon]], reconstituír o Salón de Luís XV: a inauguración tivo lugar en [[1917]].
Liña 45:
 
=== Fondos numismáticos ===
[[Ficheiro:EucratidesStatere.jpg|miniatura|Moeda [[Reino grecobractiano|grecobractiana]] no '''Gabinete de Medallas''': 20 [[estatero|estateros]]s a nome do rei [[Eucrátides I]], a [[Moeda (peza metálica)|moeda]] de [[ouro]] máis grande coñecida da [[Idade Antiga|Antigüidade]] (peso: 169,2 [[Gramo|g]] e [[diámetro]]: 58 [[mm]]).]]
O Gabinete de Medallas posúe arredor de 520.000 moedas e medallas. As moedas, que son maioría, divídense en varias coleccións:<ref>"[http://www.bnf.fr/fr/collections_et_services/numi/s.monnaies.html Collections par thèmes: Numismatique]". No sitio web do Gabinete.</ref><span></span>
 
Liña 72:
 
== Publicacións ==
No departamento reside unha importante colección de documentos relativos ás súas coleccións, composta por 80.000 obras. Como centro de documentación e de [[investigación]], publica a serie de ''Tresors monétaires'' (22 volumes, desde [[1979]] a [[2006]]).
 
Ademais, é a sede da [[Sociedade Francesa de Numismática]] (''Société Française de Numismatique'').