Bob Dylan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Elisardojm (conversa | contribucións)
estes
Liña 45:
Dylan abandonou a universidade tras o seu primeiro ano. En xaneiro de 1961, trasladouse a [[Nova York]] coa esperanza de ver ao seu ídolo musical, [[Woody Guthrie]], quen estaba gravemente enfermo por mor da [[enfermidade de Huntington]] no hospital psiquiátrico de Greystone Park.<ref>Dylan, ''Chronicles, Volume One'', p. 98. ISBN 0-7432-2815-4</ref> Sobre Guthrie, Dylan chegou a dicir: "Podes escoitar as súas cancións e aprender a vivir".<ref name=autogenerated3 />
 
A partir de febreiro de 1961, Dylan tocou en varios clubs de [[Greenwich Village]]. O seu paso por istosestes clubs, foi fundamental para entender a súa concepción da música. En setembro, comezou a gañar certa reputación grazas a unha recensión de [[Robert Shelton]] en ''[[The New York Times]]'' durante un concerto no Gerde's Folk City.<ref>{{cita web | url = http://www.bobdylanroots.com/shelton.html | título = Bob Dylan: A Distinctive Stylist | autor = Robert Shelton | data = 21 de setembro de 1961 |dataacceso = 11 de setembro de 2008}}</ref> O mesmo mes, Dylan tocou a harmónica para [[Carolyn Hester]] durante a gravación do seu terceiro álbum, coincidindo co produtor [[John H. Hammond]].<ref>{{cita web | url = http://www.allmusic.com/artist/p2005 | título = Carolyn Hester Biography | autor = Richie Unterberger | data = 8 de outubro de 2003 | dataacceso = 1 de abril de 2009 }}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> Hammond contratou a Dylan para [[Columbia Records]] en outubro.
 
As interpretacións incluídas no seu primeiro traballo para Columbia, titulado ''[[Bob Dylan (álbum)|Bob Dylan]]'' e publicado en 1962, consistían en material de música [[folk]], [[blues]] e [[gospel]] combinado con dúas composicións propias, "[[Song to Woody]]" e "[[Talkin' New York]]". O álbum obtivo escaso éxito comercial, vendendo 5000 copias no seu primeiro ano, o cal era suficiente para rescindir o contrato.<ref name="Scaduto110">Scaduto, ''Bob Dylan'' (en inglés), p. 110. ISBN 1-900924-23-4</ref> Dentro de Columbia, Dylan comezou a ser tachado como o "protexido de Hammond" e suxeriron finiquitar o seu contrato. A pesar diso, Hammond defendeu fortemente a Dylan, e ao mesmo tempo atopou un bo defensor en [[Johnny Cash]], quen fichara por Columbia meses antes.<ref name = "Scaduto110" /> Durante o seu traballo para Columbia, Dylan tamén gravou varias cancións baixo o pseudónimo de Blind Boy Grunt para a revista de música folk ''Broadside Magazine''.<ref>Shelton, ''No Direction Home'', pp. 157-158. ISBN 0-306-81287-8</ref>