Diferenzas entre revisións de «Jaime Pita»

m
Ortografía
m (ct, cc)
m (Ortografía)
 
==Biografía==
Jaime Pita naceu en Betanzos o [[13 de xuño]] de [[1944]]. Neto do construtor orixinal do famoso "Globo de Betanzos", Claudino Pita Pandelo, estudiou Técnicas Directivas nas universidades de [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]] e de [[Universidade de Navarra|Navarra]], accedendo por oposición á plazapraza de profesor de bacharelato.
 
En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesares de perde-las eleccións, obtén o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos [[1987]], [[1991]] e [[1995]] (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende [[1989]], Pita compaxinaría esta labor coa de deputado no [[Parlamento de Galicia]], do que forma parte ininterrompidamente dende a [[Composición do Parlamento de Galicia#III lexislatura|III lexislatura]], e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. Contundente, incisivo, e fortemente conservador, deste período destacan os seus enfrentamentos verbais coa oposición, especialmente con [[Xosé Manuel Beiras]], voceiro do [[Bloque Nacionalista Galego]].
61.374

edicións