Media distancia Renfe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiKorunna (conversa | contribucións)
Liña 27:
== Servizos existentes ==
* '''[[Renfe Avant|Avant]]''': cobren servizos directos en [[Liña de alta velocidade|liñas de alta velocidade]], substituíron as ''Lanzadeiras AVE'' ou ''Iris''. Realízanse con electrotréns da [[Serie 104 de Renfe|serie 104]], 114 en liñas exclusivamente de largo estándar e da serie 121 no resto.
* '''[[Intercity, Renfe|Intercity]]''': antigos servizos Intercity de Longa Distancia que deixaron de prestar servizo en [[2008]] e foron recuperados baixo esta denominación en [[2012]] como unha mistura entre a Longa e a Media Distancia. En Galiza, os billetes de Intercity pódense adquirir con tarifa Avant ou MD para realizar percorridos entre as propias cidades do país. Habitualmente empréganse unidades das series '''[[Serie 121 de Renfe|121]]''', '''[[Serie 449 de Renfe|449]]''' e '''[[Serie 599 de Renfe|599]]''', aínda que; no caso galego aínda son cubertos con material convencional remolcado por unha locomotora da [[Serie 334 de Renfe|serie 334]] (rama coruñesa) ou unha [[Serie 252 de Renfe|252]].
* '''MD''': servizos directos e semidirectos de maior calidade servidos por automotores das series 499, 594, 598, 599 ou 121. Baixo esta denominación se unificaron os '''Media Distancia +''', '''R-598''' e '''TRD''', vinculadas cada unha delas a unha serie ou series de automotores en particular<ref>{{Cita web|url=https://www.vialibre-ffe.com/pdf/5080.pdf|páxina-web=Vía Libre|título=Modernización de los automotores de la serie 594 de Renfe|data-acceso=05-01-2018}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.railwaymania.com/docs/150/rwm_renfe_598.pdf|páxina-web=www.railwaymania.com|título=Unidades basculantes serie 598|data-acceso=05-01-2018|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.vialibre-ffe.com/pdf/7520_599_449.pdf|páxina-web=Vía Libre|título=MD+, nuevo producto de Renfe con la puesta en servicio de los trenes 599 y 449.|data-acceso=05-01-2018|lingua=es}}</ref>.
* '''[[Rexional, Renfe|Rexional]]''': servizos con parada comercial en todas ou case todas as estacións e apeadoiros do traxecto. Poden estar cadenciados con servizos de [[Proximidades Renfe]] (ex.: [[Madrid]] - [[Segovia]]), denominándose entón ''"Rexional cadenciado"''. No caso dos trens "Rexional cadenciado" empréganse unidades de tren pertencentes ao parque de Proximidades ([[Serie 440 de Renfe|440R]], [[Serie 446 de Renfe|446]], [[Serie 447 de Renfe|447]] e ata trens de dous pisos das series [[Serie 450 de Renfe|450 e 451]]), mentres que naqueles servizos que non se atopen cadenciados coa malla de Proximidades, o material empregado case sempre corresponde ao parque propio de Media Distancia, empregándose UT eléctricas da serie [[Serie 432 de Renfe|432]] en liñas electrificadas e unidades diésel das series [[Serie 592 de Renfe|592]] e [[Serie 596 de Renfe|596]] nas relacións non electrificadas.