Materialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:MarvinHarris.jpg|miniatura|[[Marvin Harris]], creador e figura principal do [[materialismo cultural]].]]
O '''materialismo'''<ref>{{DRAG|materialismo}}</ref> é unha doutrina [[metafísica]] consistente en afirmar que só existe a [[materia]] ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por ''materia'' enténdese calquera [[Substancia química|substancia]] que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia,<ref name="Algo Sobre"/> como poden ser as [[alma]]s, [[espírito]]s, [[deus]]es etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes [[ateísmo|ateas]] e antirrelixiosas.<ref name="Algo Sobre">{{cita web |url=http://www.algosobre.com.br/sociofilosofia/materialismo.html |título=Materialismo |dataacceso=6 de novembro de 2012 |obra=R7 |editorial=Algo Sobre}}</ref>
 
Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios da [[filosofía]] occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculos [[século XVIII|XVIII]], co [[empirismo]] inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, no [[século XIX]] en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e o [[materialismo dialéctico]] ([[Friedrich Engels]] e [[Karl Marx]]). No [[século XX]] o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominada [[Neopositivismo]].