Diferenzas entre revisións de «Materialismo»

sen resumo de edición
 
Aínda que historicamente o [[materialismo histórico]] popularizouse no seo do [[marxismo]], onde segue sendo un tema principal, atópanse antecedentes anteriores a Marx. No presente forma parte da [[antropoloxía]], [[teoría da historia]] ou [[socioloxía]], facendo que o materialismo histórico acolla toda unha serie de elaboracións teóricas non necesariamente marxistas. Fóra do eido do marxismo, o materialismo de tipo histórico é a hipótese de que os trazos definitorios das sociedades humanas e a evolución histórica das mesmas estivo determinada por factores materiais (tecnoloxía dispoñible, sistema de produción, características xeográficas e climáticas). Por mor do intento de estabelecer as ideas do materialismo histórico de xeito independente á versión marxista do mesmo, acuñáronse termos novos como: ''[[materialismo cultural]]'', ''funcionalismo ecolóxico'', ''determinismo xeográfico'', ''determinismo económico'', e outros, que poden ser considerados como concepcións materiais da [[historia]]. Diversos autores académicos como [[Jared Diamond]] ou [[Marvin Harris]] trataron en detalle a evolución histórica de extensas áreas xeográficas, e tentando explicar trazos definitorios da sociedade a partir de factores materiais, sinalando que este tipo de factores son os preponderantes cando se tenta entender a evolución das sociedades e as civilizacións.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
244.226

edicións