Encarnación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m -cia -> -za
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 3:
==Evolución da crenza==
 
Dos primeiros textos cristiáns: as cartas de San [[Paulo de Tarso]] e dos [[evanxeos sinópticos]], despréndese a convicción de que no home Xesús se manifestou dun xeito pleno a Palabra de Deus e o seu [[Amor]] por todos e cada un dos homes. Na propia carta aos Efesios de Paulo de Tarso, chégase a afirmar que Xesús, sendo Deus, non retivo con cobiza a súa dignidade senón que se alienou da súa condición divina (''kenosis'') para facerse home e tomar a condición de escravo ata a súa entrega na cruz. Tal acontecemento concíbese como misterioso e insólito, pero deféndese como irrenunciable e nuclear para a fe da primeiras comunidades que acaban rexeitando o gnosticismo que afirmaba que a humanidade de Xesús era mera apariencia, e que non podía haber contacto entre a divinidadedivindade e a carne, concibida como corrupción e impureza.
 
No capítulo primeiro de Xoán, o derradeiro dos [[evanxeos canónicos]] en escribirse, xa se afirma que ''no principio era o Verbo (o [[Logos]]), o Verbo estaba en Deus e o Verbo era Deus'', engadíndose que o ''Verbo se fixo home e habitou entre nós''. Identificando ao Verbo coa persoa de Xesús.
Liña 13:
==A Encarnación no contexto das relixións==
 
Esta concepción marca unha diferenciación fundamental co resto das relixións da antigüidade, onde o home a través do culto, a ofrenda e os sacrificios tenta achegarse á divinidadedivindade e acadar o seu favor. No cristianismo a encarnación supón o movemento inverso: é o amor de Deus quen descende materilizándose a través da concepción dun home nacido de muller, Deus adéntrase na súa propia Creación e renova nela todas as cousas.
 
Afástase tamén aquí o cristianismo das relixións e filosofías que condenan a Creación e, xa que logo, a materia e a carne, como intrínsecamente malas ([[gnosticismo]], [[Platón|planonismo]], [[hinduismo]], [[budismo]], [[maniqueismo]]). Fronte a isto a Creación e o corpo reciben unha promesa, actuante xa, de renovación e plenitude.