Interacción nuclear forte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
Os quarks con diferente carga de cor atráense entre si como resultado da interacción forte, que se transmite mediante uns [[Bosón|bosóns]], unhas partículas chamadas [[gluón]]s.
 
== Introdución ==
=== Forzas no núcleo atómico ===
Antes da década de 1970, supoñíase que o [[protón]] e o [[neutrón]] eran [[Partícula elemental|partículas fundamentais]]. Deste xeito, a expresión forza forte ou forza nuclear forte referíase ó que hoxe en día se chama [[forza nuclear]] ou forza forte residual. Esta forza forte residual é a responsable da cohesión do [[núcleo atómico|núcleo]] e hoxe en día interprétase como o campo de forza asociado a [[pión (física)|pións]] emitidos por protóns, neutróns e outros [[hadrón|hadróns]] (xa sexan [[barión|barións]] ou [[mesón (física)|mesóns]]). De acordo coa cromodinámica cuántica, a existencia deste campo de pións que mantén unido o núcleo atómico é só un efecto residual da verdadeira forza forte que actúa sobre os compoñentes internos dos hadróns, os quarks. As forzas que manteñen unidos os quarks son moito máis fortes que as que manteñen unidos neutróns e protóns. De feito, as forzas entre quarks son debidas ós gluóns e son tan fortes que producen o chamado ''[[confinamento de cor]]'' que imposibilita observar quarks nus a temperaturas ordinarias, mentres que en núcleos pesados se que é posible separar algúns protóns ou neutróns por fisión nuclear ou bombardeo con partículas rápidas do núcleo atómico.
 
Historicamente, a forza nuclear forte postulouse de maneira teórica para compensar as [[forza electromagnética|forzas electromagnéticas]] repulsivas que se sabía que existían no interior do [[núcleo atómico|núcleo]], ó descubrir que este estaba composto por protóns de carga eléctrica positiva e neutróns de carga eléctrica nula. Postulouse tamén que o seu alcance non podia ser máis grande que o mesmo radio do núcleo xa que outros núcleos achegados non a sentisen, xa que se tivese un alcance maior todos os núcleos do universo terían colapsado para formar un gran conglomerado de masa nuclear. Por esta razón, denominouse naquela época ''forza forte''. O [[interacción de Yukawa|modelo de Yukawa]] (1935) explicaba satisfactoriamente moitos aspectos da forza nuclear forte ou forza forte residual.
 
== Notas ==