Diferenzas entre revisións de «Interacción nuclear forte»

sen resumo de edición
{{1000}}
[[Ficheiro:Quarks.gif|miniatura|Os [[quark]]s interactúan dentro dun [[neutrón]] debido á '''interacción nuclear forte'''.]]
En [[física de partículas]], a '''interacción nuclear forte''', tamén chamada '''forza forte''', '''forza nuclear forte''''' ou '''interacción forte''' é un dos catro tipos de [[interaccións fundamentais|forzas fundamentais]] que o modelo estándar da Física establece para explicar o [[universo]]. As outras tres son a [[gravidade]], o [[electromagnetismo]] e a [[Interacción nuclear débil|interacción nuclear feble]]. A escala atómica, é unhas 100 veces máis forte que o electromagnetismo, que á súa vez é varias ordes de magnitude máis forte que a forza nuclear feble e a gravidade.
 
A forza nuclear forte actúa sobre todos os [[Hadrón|hadróns]], [[Mesón (física)|mesóns]] e [[Barión|barións]], as partículas compostas formadas por [[Quark|quarks]] e [[antiquark]]s. A interacción desta forza é levada por uns [[Bosón|bosóns]] chamados [[Gluón|gluóns]], de xeito equivalente á [[Interacción electromagnética|forza electromagnética]] que é levada polos [[Fotón|fotóns]]. Esta forza é a responsable de que os quarks se manteñan unidos para formar os barións (como os [[Protón|protóns]] ou os [[neutrón]]s) e os mesóns (como os [[Pión (física)|pións]] ou os [[Kaón|kaóns]]), e tamén é a responsable de que os protóns e os neutróns se manteñan unidos ó núcleo.<ref name =Severijns>[http://www.mi.infn.it/~sleoni/TEMP/EuroSchool/Severijns.pdf Weak Interaction Studies by Precision Experiments in Nuclear Beta Decay], Nathal Severijns, Instituut voor Kern- en Stralingsfysica, Katholieke Universiteit Leuven. Páx. 342.</ref> A forza nuclear forte ten un alcance de arredor dun [[femtómetro]] (ás veces chamado ''fermi'' na honra de [[Enrico Fermi]]), uns 10<sup>-15</sup> [[Metro|metreo]],<ref name="answersyahoo">{{Cita web| url = http://answers.yahoo.com/question/index?qid=20060811074238AA5sksR | título = What is the maximum distance for the action of the strong nuclear force? | editor = Yahoo Answers | dataacceso = 20 de xuño de 2013 | lingua = inglés}}</ref> e debe ser forte abondo como para contrarrestar a intensa forza repulsiva que hai entre os protóns; a enerxía da forza nuclear forte entre dous protóns é da orde de MeV ([[Electrón-volt|megaelectrón-volt]]). A forza nuclear forte non está afectada pola [[carga eléctrica]] das partículas: afecta por igual protóns e neutróns. A teoría que explica esta forza é a [[cromodinámica cuántica]] (QCD do inglés ''quantum chromodynamics''), que foi proposta en [[1973]] por [[Harald Fritzsch]], [[Heinrich Leutwyler]] e [[Murray Gell-Mann]].<ref name =Severijns
/><ref>[http://www.britannica.com/facts/5/892168/Harald-Fritzsch-as-discussed-in-quantum-chromodynamics-QCD-physics Facts about Harald Fritzsch: quantum chromodynamics, as discussed in quantum chromodynamics], Enciclopaedia Britannica</ref>
 
259.643

edicións