Helena de Anjou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
{{biografía}}
[[Ficheiro:Краљица_Јелена_у_дворцу_Брњацима_(Јелена_Анжујска,_око_1225_-_1314).jpg|miniatura|Helena de Anjou]]
'''Helena de Anjou''' (en [[Lingua serbia|serbio]]: Јелена Анжујска, ''trans.'' ''Jelena Anžujska''), nada aprox. en 1236 e finada o 8 de febreiro de 1314, foi a raíña consorte do [[Reino de Serbia]], esposa de [[Estevo Uroš I|Esteban Uroš I]] e nai dos reis [[Estevo Dragutin|Dragutin]] e [[Estevo Uroš II Milutin|Milutin]].
 
Helena era [[Igrexa católica|católica]] e naceu en aprox. 1236. As súas orixes non son coñecidas con certeza. A biografía do Arcebispo Danilo di que «pertencía a unha familia francesa» e un continuador da obra afirma que «a familia era de sangue real ou imperial».<ref>[http://fmg.ac/Projects/MedLands/BYZANTIUM%2010571204.htm#_ftn671 McDaniel ´John Angelos and Queen Jelena´, citando a Makushev, V. ´Itallianskie arkhivy i khranisashchiesia v nikh materialy dlia slavianskoi istorii´, Sbornik Otdelelniia Russkogo Iazyka i Slovesnosti, VIII/4 (1871), pp. 30-33.]</ref>. [[John van Antwerp Fine|Fine]] polo menos especifica que Helena era «de orixe católica e francesa», probabelmente da [[Dinastía Valois|Casa de Valois]].<ref>Fine (1994), p. 220.</ref> . Segundo Europäische Stammtafeln, descendía dunha rama da familia do [[Lista de emperadores bizantinos|emperador bizantino]] e a casa real húngara, nese caso é posíbel que sexa a irmá de María Anxelina, a esposa de Ansel de Chaurs ou Cayeux, tamén coñecido como Anselmo de Keu, o capitán xeral en [[Albania]] de [[Carlos de Anjou|Carlos I de Nápoles.]] Carlos I de Nápoles menciónaa como un familiar nunha carta con data de 1273.
 
Por algún tempo, foi o gobernante de [[Principado de Zeta|Zeta]], Travunia, Plav e Poibarje. Durante ese tempo Serbia estaba dividida en tres partes, e os gobernantes das outras dúas partes foron Dragutin e Milutin. Helena converteuse en monxa da Igrexa de San Nicolao en [[Shkodër]], onde morreu o 8 de febreiro de 1314.
 
Fundou a primeira escola para nenas na Serbia medieval. O palacio de Helena atópase na actual [[Kosovo|Kósovo]], na cidade de Brnjak (ás veces chamado «Brnjaci», pero non é o sitio co mesmo nome en [[Bosnia e Hercegovina|Bosnia e Herzegovina]]), na montaña de Mokra Gora (que non debe confundirse coa aldea de Mokra Gora), onde se atopa a escola. Á parte deste palacio, posuía a aldea de Jelač na montaña de Rogozna. Do mesmo xeito que outros [[Casa de Nemanjić|Nemanjićs]], construíu mosteiros. Construíu o mosteiro de Gradac, onde está enterrada, a igrexa de San Nicolao en Shkodër onde morreu, e o mosteiro de Shirgj<ref name="Ndreca">{{Cita publicación|url=http://www.gazeta55.net/gazeta/15.09.2008.pdf|título=Rrënojat e Abacisë së Shirgjit dhe shpëtimi i tyne|apelidos=Ndreca|nome=Ardian|data=14 de setembro de 2008|obra=Gazeta 55|dataacceso=20 de setembro de 2010}}</ref>.
 
Helena de Anjou foi canonizada pola Igrexa ortodoxa serbia. A súa festa é o 12 de novembro<ref>[http://www.srpsko-nasledje.co.rs/sr-c/1998/10/article-10.html Srpsko nasleđe: Sveta Jelena Anžujska] {{Sr}}</ref>.