Diferenzas entre revisións de «Conservadorismo»

m
sen resumo de edición
m
O '''conservadorismo'''<ref>{{DRAG|conservadorismo}}</ref> é unha [[filosofía política]] e [[filosofía social|social]] que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. Segundo algunhas definicións, os conservadores procuraron varias veces preservar as institucións, incluíndo a relixión, a [[monarquía]], o [[parlamentarismo|goberno parlamentar]],<ref name="brit"/> os dereitos de propiedade e a [[xerarquía social]], enfatizando a estabilidade e a continuidade, mentres que os elementos máis extremos chamados reaccionarios opóñense ó [[modernismo]] e buscan unha volta á "maneira como eran as cousas".<ref>Iain McLean and Alistair McMillan, "Conservatism", ''Concise Oxford Dictionary of Politics'', Third Edition, "Ás veces, (conservadorismo) foi unha oposición absoluta, baseada nun modelo de sociedade existente que é considerado certo para todos os tempos. Pode asumir unha forma "reaccionaria", ó reencontrar e tentar reconstruír formas de sociedade que existiron nun período anterior.", Oxford University Press, 2009, {{ISBN|978-0-19-920516-5}}</ref><ref name="brit">{{cita web|url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/133435/conservatism|título=Conservatism (political philosophy)|editor=Britannica.com|dataacceso = 1 de novembro de 2009}}</ref>
 
O primeiro uso estabelecido do termo numnun contexto político orixinouse con [[François-René de Chateaubriand]] en 1818, durante o período de [[Restauración Francesa|restauración borbónica]] que procurou reverter as políticas da [[Revolución Francesa]]. O termo, historicamente asociado coa política de [[dereita (política)|dereita]], dende entón foi usado para describir unha ampla gama de puntos de vista.<ref>{{cita libro|autor =Jerry Z. Muller |título=Conservatism: An Anthology of Social and Political Thought from David Hume to the Present | url=https://books.google.com/books?id=9F7i5u4sOtgC&pg=PA26 |ano=1997|editorial=Princeton U.P.|páxina=26|cita= Os termos relacionados co "conservador" encontraron primeiro o seu camiño no discurso político no título do semanario francés, "Le Conservateur", fundado en 1818 por François-René de Chateaubriand coa axuda de Louis de Bonald.|isbn=0691037116 |lingua = inglés}}</ref>
 
Non hai un único conxunto de políticas que sexan universalmente consideradas como conservadoras, porque o significado de conservadorismo depende do que é considerado tradicional nun determinado lugar e tempo. Deste xeito, conservadores de diferentes partes do mundo, cada un mantendo as súas respectivas tradicións, poden discordar nunha ampla gama de cuestións. Edmund Burke, un político do século XVIII que se opuxo á Revolución Francesa, mais apoiou a Revolución Americana, é acreditado como un dos principais teóricos do conservadorismo na Gran Bretaña da década de 1790.<ref>{{cita libro|autor =Frank O'Gorman|título=Edmund Burke: His Political Philosophy|url=https://books.google.com/books?id=U-reNJAnv1oC&pg=PA171|ano=2003|editorial=Routledge|páxina=171|isbn=9780415326841}}</ref> De acordo con Quintin Hogg, Presidente do Partido Conservador británico (Partido Conservador) en 1959, "o conservadorismo non é tanto unha filosofía senón unha actitude, unha forza constante, desempeñando unha función intemporal no desenvolvemento dunha sociedade libre e correspondente a unha esixencia profunda e permanente da propia natureza humana".<ref>{{cita libro|autor =Quintin Hogg Baron Hailsham of St. Marylebone|título=The Conservative Case|url=https://www.google.com/search?tbo=p&tbm=bks&q=%22+attitude,+a+constant+force,+performing+a+timeless+function+in+the+development+of+a+free+society,+and+corresponding+to+a+deep+and+permanent+requirement+of+human+nature+itself%22&num=10|ano=1959|editorial=Penguin Books}}</ref> En contraste coa definición de conservadorismo baseada na tradición, teóricos políticos como Corey Robin definen o conservadorismo principalmente en termos dunha defensa xeral da [[Desigualdade social|desigualdade social e económica]]. Nesa perspectiva, o conservadorismo é menos unha tentativa de defender as institucións tradicionais e máis "unha meditación sobre, e unha interpretación teórica, da experiencia sentida de ter poder, velo ameazado e tentar recuperalo".<ref>{{cita publicación periódica|url=https://www.theguardian.com/commentisfree/2012/jul/15/what-does-conservatism-stand-for|título=What does conservatism stand for?|apelido =Rooksby|nome =Ed|data=15 de xullo de 2012|obra=|xornal=The Guardian|lingua=inglés|issn=0261-3077}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|url=http://www.chronicle.com/article/The-Conservative-Mind/130199/|título=The Conservative Mind|apelido =Robin|nome =Corey|data=8 de xaneiro de 2012|obra=|publicación=The Chronicle of Higher Education}}</ref>
35.125

edicións