Comportamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
Os mamíferos foron os últimos animais en aparecer no mundo, feito que implica unha maior acumulación de evolucións non só físicas senón tamén no seu comportamento. A súa [[biodiversidade]] fai que o seu comportamento sexa moi variado entre as diferentes especies que a forman. Entre os mamíferos hai animais acuáticos, terrestres e voadores, [[bipedismo|bípedes]] ou cuadrúpedes, solitarios ou [[gregarismo|gregarios]], migratorios ou sedentarios, todos moi diferentes entre si. Dende as enormes [[balea]]s, que se desprazan polos océanos en pequenos grupos migratorios que as levan a percorrer medio mundo, até os [[morcegos]], mamíferos voadores que cazan de noite e poden vivir en colonias de milleiros de individus, pasando polos [[roedores]], pequenos animais que xeralmente se alimentan de froitos e viven en grupos en agochos baixo terra, os [[primates]], algúns dos cales son quen de aprender novas técnicas para obter alimentos, ou os [[felinos]], entre os cales se atopan algúns dos meirandes depredadores.
Dentro desta clase atópanse as especies máis evolucionadas da terra, sobretodosobre todo o [[ser humano]], unha das poucas que é quen de modelar a súa contorna para adaptala ás súas necesidades, no máis alto da cadea evolutiva. Posiblemente é esta especie a que amosa un comportamento máis complexo, a miúdo influenciado polos [[sentimento]]s e o [[razoamento]], un caso excepcional dentro do mundo dos seres vivos. Neste senso, é especialmente complexo o comportamento desta especie pola súa relación con outros individuos ou mesmo con outras especies. A relación entre o ser humano e outras especies é un caso único, xa que non se limita só a unha relación de [[depredación]].
 
== Comportamento dos sistemas sociais ==