Diferenzas entre revisións de «Comportamento»

A conduta dun espécime biolóxico está formada por patróns de comportamento estables, mediados pola evolución, resgardada e perpetuada pola xenética. Esta conduta maniféstase a través das súas cualidades adaptadas, dentro dun contexto ou unha comunidade. É un indicador observable, físico dos procesos internos do individuo.
 
== ComportamientoComportamento dos sistemas sociais ==
A estrutura social é o patrón de relacións, posicións e número de persoas que conforman a organización social dunha poboación, sexa xa un grupo pequeno ou toda unha sociedade. As relacións danse sempre que as persoas se implican en patróns de interacción continuada relativamente estables. As posicións ([[status social]]) consisten en lugares recoñecidos na rede de relacións sociais que levan aparelladas expectativas de comportamento, chamadas roles. Normas e regras son impostas para garantir que se viva á altura das expectativas do [[rol social]], e se impoñen sancións positivas e negativas para asegurar que se cumpran. As normas e regras son a expresión observable dos valores dun sistema social particular. Os roles, normas e valores deben integrarse nun sistema para que este sexa completamente funcional.
 
284.195

edicións