Diferenzas entre revisións de «Conservadorismo»

== Orixes ==
Malia que os conservadores ás veces reivindican filósofos tan antigos como Aristóteles e Cicerón como seus devanceiros, o primeiro teórico político explicitamente conservador é xeralmente considerado [[Edmund Burke]].<ref name="brit"/> En 1790, cando a Revolución Francesa aínda parecía prometer unha utopía sen sangue, Burke preveu na súa obra ''Reflections on the Revolution in France'' - e non por sorte, mais por unha análise do rexeitamento da tradición e dos valores herdados - que a revolución decaería no terror e na [[ditadura]]. No seu desprezo racionalista polo pasado, el acusou ós revolucionarios de estaren destruíndo as institucións testadas polo tempo sen neingunha garantía de que poderían substituílas por algo mellor.<ref name="brit"/>
 
Para o conservador, as tradicións son a base de calquera actuación política e social, pois elas ofrecen ó axente algo sobre o cal a sociedade pode operar, criticar e, consecuentemente, mudar. Sendo así, é preciso respectar un principio seguro de conservación e un principio seguro de transmisión, sen excluír un principio de melloría.<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com.br/books?id=0I0IrgEACAAJ&dq=ideias+conservadores+reacion%C3%A1rios&hl=pt-BR&sa=X&ved=0ahUKEwjxmoqugZDSAhWBEpAKHbdBBwcQ6AEIJzAA|título=As ideias conservadora|editorial=Três Estrelas|data=2014|dataacceso=14 de febreiro de 2017|isbn=9788565339254|autor=Coutinho, João Pereira|páxina=72}}</ref>
 
== Notas ==
249.752

edicións