Nós, os inadaptados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias}}
{{Ligazóns internas}}
{{Título en cursiva}}
'''''Nós, os inadaptados''''' é un artigo [[Ensaio (literatura)|ensaístico]], de nove páxinas, do autor ourensán [[Vicente Risco]], publicado no número 115 da revista ''[[Nós (revista)|Nós]]'', o [[25 de xullo]] de [[1933]] (pp. 115-123). Nel mostrou a súa concepción cíclica e espiritual da historia.
Liña 7 ⟶ 5:
No seu ensaio -bandeira da [[Grupo Nós|xeración Nós]]- Risco expón os problemas persoais e comúns da súa época. Cre firmemente nunha casta moral verdadeira, pero non casta social, senón casta espiritual:
 
{{Cita centrada|''E andivemos pelengrinando pol-as [[cosmogonía]]s e pol-as culturas en demanda do insólito. Interrogamol-os misterios dos Egipcios en [[Iámblico|Samblico]], en [[Plutarco de Queronea|Plutarco]], nos [[xeróglifo|hieroglipho]]s, en libros modernos como do egiptologo alemán [[Adolfo Erman]] en col da magia egipcia. Buscámosll'as voltas ao [[budismo|Budhismo]]; solagamos na [[teosofía]], procuramos revelaciós no [[Popol Vuh]] de Guatemala, no Libro da Geración d' Adán dos [[nabateos|Nabatheus]], no [[Kalevala]] de [[Finlandia]], en [[Éliphas Lévi|Eliphas Levi]] e mais en De Mirville. Eu mesmo metinme a estudal-as religiós da India, as seis [[darśana|Darshanas]] ortodoxas, os sistemas disidentes de Siddhartha e de [[Mahavisa]], as filosofías malditas dos Lokayata, dos Saktistas e dos Thougs; cheguei a deprendel-as declinaciós e conjugaciós [[lingua sánscrita|sanskritas]], a ler decorrido o alfabeto devanagari.''<ref>{{Cita publicación periódica |apelidos={{Versaleta|Risco}} |nome=Vicente |url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1157227&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=25 |título=Nós, os inadaptados |revista=[[Nós (revista)]] |número=115 |páxinas=115-123 |data=25/7/1933 |ano=1933 }}</ref>}}
 
Así pois neste ensaio explícanse as causas e os motivos do seu desapego cara ao mundo dos [[filisteos]], das barrigas acomodadas que eles tanto denostaban. Tamén cita os gustos e preferencias literarias: [[Thomas Carlyle]], [[Edgar Allan Poe]], [[Charles Baudelaire]], [[Gabriele d'Annunzio]], [[Henrik Ibsen]], [[Friedrich Nietzsche]], [[Novalis]], [[Jan van Ruusbroec]], [[Omar Khayyam]], [[Rabindranath Tagore]], [[Ángel Ganivet]], [[Joan Maragall]], [[Rubén Darío]], [[Afonso Lopes Vieira]], [[José Maria Eça de Queirós]], [[Teixeira de Pascoaes]] etc. E do paso da actitude contemplativa á actividade político-cultural narrando a viaxe interior que esta xeración realiza en busca das súas orixes e identidade en tempos de decadencia.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |nome=Ramón |apelidos={{Versaleta|Lugrís Pérez}} |ligazónautor=Ramón Lugrís |título=Vicente Risco na Cultura Galega |url=https://books.google.es/books?id=dV45cqScbe4C&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |editorial=[[Editorial Galaxia]] |ano=1963 }}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fundacionvicenterisco.com/Descargas/categoria/25/Manuscritos Manuscrito de "Nos, os inadaptados"] Fundación Vicente Risco.
* http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1157227&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=25
* [http://www.fundacionvicenterisco.com/Descargas/categoria/25/Manuscritos Manuscrito de "Nos, os inadaptados"].
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Grupo Nós]]
[[Categoría:Ensaio]]