Sexismundo III de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos referencias
Liña 6:
 
== Herdeiro de Suecia e candidato a rei de Polonia-Lituania ==
Sexismundo naceu o [[20 de xuño]] de [[1566]] no [[castelo de Gripsholm]], en [[Mariefred]], Suecia, onde os seus pais atopábanse prisioneiros por ordes do rei Erico XIV.[1]{{harvnp|Stone|2001|p=131}} O seu pai era o duque Xoán de [[Finlandia]] (posteriormente [[Xoán III de Suecia]]), fillo de [[Gustavo I de Suecia|Gustavo Vasa]], e a súa nai a princesa polaca [[Catarina Jagiellon]], filla á súa vez do rei polaco [[Sexismundo I Jagiellon o Vello|Sexismundo I]] e [[Bona Sforza]].[1]{{harvnp|Stone|2001|p=131}} Cando o seu pai se converteu en rei, Sexismundo á súa vez foi elevado a herdeiro á coroa sueca. Por outra banda, tamén foi nomeado herdeiro da coroa de [[Lituania]], pero en 1569 creouse a [[Unión de Lublin]] e Polonia e Lituania formaron unha confederación, que a partir de entón tivo unha monarquía única de tipo electiva.
 
Para que Sexismundo puidese gañar adeptos no electorado polaco, Xoán III deulle unha educación no [[Igrexa católica|catolicismo]], que era a relixión das realezas polaca e lituana, aínda que os seus primeiros profesores foron protestantes. Precisamente por estes plans do seu pai, rexeitouse a posibilidade de que Sexismundo casase con [[Cristina de Holstein-Gottorp]], de convicción protestante. A esmerada educación do intelixente Sexismundo quedou en mans das [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que fixeron del un ardente católico.[1]{{harvnp|Stone|2001|p=131}} Adquiriu deles gran cultura e aprendeu varios idiomas: falaba [[Lingua sueca|sueco]], [[lingua polaca|polaco]], [[Lingua alemá|alemán]], [[Lingua italiana|italiano]] e [[lingua latina|latín]].[1]{{harvnp|Stone|2001|p=131}} Era ademais bo músico, pintor, ourive e [[alquimia|alquimista]].[1]{{harvnp|Stone|2001|p=131}}
 
Cando faleceu o rei [[Estevo I Báthory|Estevo I de Polonia]] (o conde húngaro Estevo Báthory), monarca da Confederación Polaco-Lituana, a candidatura de Sexismundo enfrontouse coa do arquiduque [[Maximiliano III de Austria]].[2]{{harvnp|Stone|2001|pp=131-132}} Sexismundo contou co apoio do chanceler [[Xoán Zamoyski]][2]{{harvnp|Stone|2001|pp=131-132}} e da viúva de Batory, a súa tía [[Ana Jagiellon de Polonia]]. Os delegados polaco-lituanos esixiron a Suecia que cedese Livonia oriental (aproximadamente a actual [[Estonia]]) á [[Confederación Polaco-Lituana]] para aceptar a Sexismundo, pero acabaron por facelo mesmo cando este se negou a entregar o territorio.[3]{{harvnp|Stone|2001|p=132}} Sexismundo triunfou nas eleccións o 19 de agosto de 1587, pero un sector apoiou a Maximiliano, e librouse unha [[Guerra de Sucesión Polaca (1587-88)|guerra civil]] de curta duración que finalizou en xaneiro de 1588, coa derrota e encarceramento do arquiduque.[3]{{harvnp|Stone|2001|p=132}}
 
== Rei da Confederación Polaco-Lituana ==
Sexismundo partiu de Suecia rumbo a Polonia, a ocupar o cargo que gañara, en setembro de 1587. A súa coroación levouse a cabo en [[Cracovia]] en decembro dese mesmo ano e Sexismundo non puido resolver a cuestión da cesión de Estonia por parte de Suecia, o que decepcionou os nobres polacos, incluído [[Xoán Zamoyski|Zamoyski]]. Sexismundo decidiu aprazar a cuestión ata que tomase posesión da coroa sueca.[3]{{harvnp|Stone|2001|p=132}} Pouco despois de chegar a Polonia, Sexismundo reuniuse co seu pai en [[Talín|Revel]]; este, medorento de que o seu fillo insistise en obter Estonia e permitise que Carlos (irmán de Xoán e duque de Soderman) lle arrebatase o cetro sueco, tratou de persuadilo para que renunciase á coroa polaco-lituana a cambio dun substancioso donativo, desposase unha princesa Habsburgo e se retirase a un ducado italiano.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}} Sexismundo rexeitou a proposta, pero a oferta desagradou a parte da nobreza, que lembraba a marcha de Henrique de Valois.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}}
 
=== Relación coa nobreza e o Parlamento ===
O longo reinado de Sexismundo empezou con mal pé, pois o seu temperamento desgustou á fracción da nobreza que o elixiu e axiña se puxo a mal con Zamoyski, cuxa actitude paternalista o desgustaba.[3]{{harvnp|Stone|2001|p=132}} Os intentos do chanceler de reformar as eleccións de soberano para axilizalas e evitar as eleccións dobres que podían acabar en choques militares fracasaron pola falta de apoio.[3]{{harvnp|Stone|2001|p=132}} Aínda que non pretendeu disolver o Parlamento e gobernar de maneira [[Absolutismo|absolutista]], parte da nobreza sospeitaba que así era, e os intentos do rei de reformar o sistema político foron rexeitados polas dietas.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}} Sexismundo, tras dúas décadas de reinado, tratou en van de que o Parlamento permitise crear un exército permanente sufragado con impostos adecuados, apresurar os procedementos das Cámaras e celebrar a elección do herdeiro ao trono sen esperar á morte do rei.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}} As dietas, que temían o reforzamento do poder real e perder autonomía, tenderon cada vez máis a entorpecer a acción gobernamental.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}} Segundo avanzou o reinado, os choques co Parlamento creceron; Sexismundo tratou de aprobar medidas por maioría, de subornar os adversarios e mesmo de amañar as medidas aprobadas grazas ao control que tiña da comisión de edictos.[5]{{harvnp|Stone|2001|pp=133-134}} Aínda que era o desexo de fortalecer política e militarmente o país o que motivaba as súas accións, estas desgustaron a parte da nobreza e contribuíron a frustrar toda reforma do sistema político.[6]{{harvnp|Stone|2001|p=134}}
 
A principal fracción opositora volveuse cada vez máis irada trala morte de Zamoyski en xuño de 1605, cando pasou a encabezala [[Mikołaj Zebrzydowski|Mikołaj Zebrzydowski]].[6]{{harvnp|Stone|2001|p=134}} Este chegou a acusar o rei na sesión parlamentaria de marzo de 1606 de desexar abolir a Constitución polaco-lituana e en 1607 [[Rebelión de Zebrzydowski|alzouse]] contra o rei.[6]{{harvnp|Stone|2001|p=134}} As tropas reais esmagaron os rebeldes na [[batalla de Guzów]] o 7 de xullo pero, falto de apoios, o rei tivo que contentarse co sometemento dos rebeldes, que dominaron a [[Sejm|Cámara Baixa]] até o final do reinado.[6]{{harvnp|Stone|2001|p=134}} A corrente política que avogaba por un maior control político da nobreza foi gañando adeptos.[6]{{harvnp|Stone|2001|p=134}} En 1631, o ano antes da súa morte, tratou infrutuosamente de que se aprobase o antigo plan de Zamoyski de que a elección do soberano se fixese por maioría.[7]{{harvnp|Stone|2001|p=135}} Para obter o permiso para que os seus fillos herdasen as súas terras, tivo que confirmar a prohibición de que a elección do seguinte rei se fixese en vida do monarca.[7]{{harvnp|Stone|2001|p=135}}
 
A pesar dos continuos choques entre o rei e a nobreza, o Parlamento funcionou mellor durante o reinado de Sexismundo que en ningún outro da historia da Unión polaco-lituana.[7]{{harvnp|Stone|2001|p=135}} A clave diso foi a hábil actividade do [[Senado de Polonia|Senado]], que foi gañando poder e serviu como eficaz intermediario entre o monarca e a Cámara Baixa.[7]{{harvnp|Stone|2001|p=135}}
 
=== Relixión e Contrarreforma ===
Mediante a mediación da [[curia pontificia]], tentáronse mellorar as relacións con [[Austria]]. Sexismundo casou en Cracovia con [[Ana de Habsburgo, reina de Polonia y Suecia|Ana de Habsburgo]], filla do arquiduque [[Carlos II de Estiria]], o mes de maio de 1592.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}} A partir de entón, as relacións cos [[Habsburgo]] foron cada vez máis estreitas, o que xerou descontento entre a nobreza polaca inimiga dos austríacos.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}} Sexismundo levou unha política represiva contra os seus adversarios políticos.
 
O seu intenso [[Igrexa católica|catolicismo]] provocou a rápida reconciliación coa xerarquía católica, que se opuxo á súa elección.[8]{{harvnp|Stone|2001|p=136}} Aínda que respectou o xuramento de tolerancia relixiosa que fixera ao asumir a coroa, mostrou unha clara preferencia pola nobreza católica tanto no nomeamento de cargos como na concesión de grazas.[8]{{harvnp|Stone|2001|p=136}} Cando Sexismundo chegou ao trono, no Senado había trinta e oito [[protestantismo|protestantes]], mentres que á súa morte, debido á preferencia real por nomear católicos para os postos que dependían do monarca, só quedaban dous.[8]{{harvnp|Stone|2001|p=136}}
 
Permitiu ademais as persecucións que os católicos levaron a cabo dos protestantes en diversos puntos do reino e prohibiu en ocasións a celebración de reunións do clero protestante.[9]{{harvnp|Stone|2001|p=137}} Durante o seu reinado tamén empeorou a sorte dos [[Xudaísmo|xudeus]] e dos [[pobo tártaro|tártaros]] musulmáns.[9]{{harvnp|Stone|2001|p=137}}
 
Sexismundo foi un férreo promotor da [[contrarreforma]] que permitiu a rápida expansión da rede educativa [[compañía de Xesús|xesuíta]] polo país, de gran calidade e prestixio.[9]{{harvnp|Stone|2001|p=137}} Os colexios xesuítas, aos que en ocasións asistían protestantes e ortodoxos, pasaron de vinte e cinco en 1608 a corenta e dous en 1634.[9]{{harvnp|Stone|2001|p=137}}
 
Durante o seu reinado aconteceu tamén a [[Unión de Brest]], entre a Igrexa católica e unha parte da ortodoxa, entón en crise.[10]{{harvnp|Stone|2001|pp=137-138}} Aínda que a unión mellorou a curto prazo a situación da xerarquía ortodoxa e reforzou o poder do catolicismo, a longo prazo acentuou o enfrontamento entre católicos e ortodoxos.[10]{{harvnp|Stone|2001|pp=137-138}} Ante o amplo rexeitamento que suscitou a unión por parte dos ortodoxos, Sexismundo mantivo unha actitude moderada para suavizar a oposición ortodoxa á medida e evitar problemas políticos.[11]{{harvnp|Stone|2001|p=139}}
[[Ficheiro:Sigismund_at_horse.jpg|dereita|miniatura|290x290px|Sexismundo III de Polonia de a cabalo]]
 
== Rei de Suecia ==
En 1592, faleceu o seu pai, o rei Xoán III de Suecia, e Sexismundo recibiu permiso do parlamento polaco para partir rumbo a Suecia, coa condición de regresar en certo prazo establecido e de ceder Estonia a Polonia. Sexismundo desembarcou en [[Estocolmo]] o 30 de setembro de 1593 en compañía da súa esposa e de varios [[Compañía de Xesús|xesuítas]], así como do [[nuncio]] da [[Santa Sé]] Germanico Malaspina. A súa chegada espertou inquietude entre a nobreza sueca, encabezada polo seu tío o [[Carlos IX de Suecia|duque Carlos]], debido ao fervor católico do herdeiro.[12]{{harvnp|Stone|2001|pp=139-140}} Sexismundo, pola súa banda, prometeu a liberdade de culto en Suecia. Foi coroado o 19 de febreiro de 1594[11]{{harvnp|Stone|2001|p=139}} na [[catedral de Upsala]]. Para obter a coroa, tivera que recoñecer o [[luteranismo]] como relixión de Estado e conceder o goberno do país a un consello de rexencia presidido polo seu tío durante os períodos nos que el se atopase ausente.[11]{{harvnp|Stone|2001|p=139}}
 
Sexismundo contara con poder ceder Livonia oriental a Polonia-Lituania e compensar a Suecia con territorios arrebatados aos rusos.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} O [[Tratadotratado de Teusina]], asinado en 1595 polo consello de rexencia sueco para conservar as conquistas que o país realizara ata ese momento, frustrou os plans de Sexismundo.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}}
 
En xullo de 1594, presionado polo parlamento polaco, regresou a Polonia. Tentou gobernar Suecia dende ese país, deixando o goberno sueco en mans dun goberno interino que rexese no seu nome. O goberno foi deixado de maneira nominal en mans do consello e do seu tío o duque Carlos, mais Sexismundo deixou lugartenentes que favoreceron os seus intereses e os da [[Igrexa católica]], o que provocou irritación entre os suecos.
Liña 44:
En Suecia, o apoio que Sexismundo concedera á [[contrarreforma]], fixo que se temese o regreso do reino á autoridade da Igrexa católica. Apoiado neste argumento, o [[Carlos IX de Suecia|duque Carlos]] levantouse contra o goberno de Sexismundo e logrou en pouco tempo controlar a maior parte do país. Sexismundo, pola súa banda, planeou unha expedición armada a Suecia, e recrutou mercenarios polacos e buques [[Reino de Prusia|prusianos]]. O Parlamento polaco outorgoulle o permiso para viaxar novamente a Suecia, pero formalmente Polonia mantívose neutral no conflito. Sexismundo tentou gañar o apoio das cidades e príncipes do norte de [[Alemaña]] para realizar un [[bloqueo económico]] a Suecia, mais unicamente obtivo o da [[dinastía Hohenzollern]], que gobernaba o ducado de Prusia.
 
Sexismundo ocupou o porto de [[Kalmar]], e dende aí enviou emisarios para negociar con Carlos. As negociacións non levaron a ningún acordo. O 8 de setembro de 1598 Sexismundo inflixiu unha derrota a Carlos na [[batalla de Stegeborg]]. Con todo, pouco despois, Carlos triunfou de forma decisiva trala [[batalla de Stångebro]] o 25 de setembro do mesmo ano.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Sexismundo foi apresado na lide e, para recobrar a liberdade, entregou a Carlos aos seus principais partidarios que, tras ser xulgados polo Parlamento, foron [[Baño de sangue de Linköping|axustizados]] en 1600.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} En Estocolmo, Sexismundo foi formalmente deposto do goberno sueco o 24 de xullo de 1599.
 
A sesión do Parlamento de 1600 que condenou os seguidores de Sexismundo derrocou a este, mais permitiu que o seu fillo Vladislao obtivese o cetro real a cambio de trasladarse de inmediato a Suecia e converterse ao protestantismo.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Cando [[Vladislao IV Vasa|Vladislao]] rexeitou as condicións que se lle impuñan, Carlos asumiu a coroa como [[Carlos IX de Suecia|Carlos IX]].[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}}
 
Sexismundo rompeu a negociación, e partiu de Kalmar rumbo a [[Gdańsk|Danzig]]. En Polonia, novamente realizou accións diplomáticas para bloquear economicamente a Carlos, e recrutou un exército para evitar a caída de Kalmar. Con todo, a cidade foi tomada antes de que Sexismundo puidese regresar, e pouco despois caeu [[Finlandia]].
 
Sexismundo non renunciou ás súas reivindicacións sobre Suecia, e a súa posición repercutiu en varios conflitos e guerras entre Polonia e Suecia que non finalizaron ata a [[Gran Guerra do Norte]].[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Ambos os reinos enfrontáronse pola posesión de Livonia e pola influencia en Rusia.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Formalmente, Sexismundo anexouse [[Livonia]], pero non puido arrebatarlla completamente aos suecos, a pesar das vitorias militares que logrou, como a de [[Batalla de Kircholm|Kircholm]], en que o ''hetman'' lituano dominou un exército sueco nas proximidades de [[Riga]].[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} A contenda continuou sen un vencedor claro ata 1608, cando as dúas nacións decidiron porlle fin para intervir en Rusia.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}}
 
== Política expansionista de Polonia ==
En 1596 creou a [[Unión de Brest]], un pacto que tentaba atraer parte dos fieis [[Igrexa ortodoxa|ortodoxos]] bielorrusos e ucraínos á Igrexa católica. Ese mesmo ano, trasladou a capital polaca de [[Cracovia]] a [[Varsovia]] (en memoria de tal acto o seu fillo, [[Vladislao IV Vasa|Vladislao IV]], mandou construír enfronte do [[Castelo Real de Varsovia|Castelo Real]] a [[Columna de Sexismundo|columna]] que leva o seu nome). En 1598 faleceu a raíña Ana e Sexismundo casou coa irmá desta, [[Constanza de Habsburgo]] en 1605, a pesar de que parte dos seus asesores e o propio chanceler Zamoyski llo desaconlleraron.[4]{{harvnp|Stone|2001|p=133}}
 
No seu goberno libráronse as [[Guerras Moldavas dos Magnates]] que enfrontaron a Confederación Polaco-Lituana contra o [[Imperio Otomán]] pola posesión de [[Moldavia]]. O resultado foi a derrota dos polacos.
 
== Política rusa ==
No seu afán de ampliar a súa influencia, inmisciuse no [[Período Tumultuoso]] no [[tsarato ruso]]; brindou apoio a [[Dimitri I]], pretendente ao trono ruso en oposición a [[Basilio IV de Rusia|Basilio IV]], aínda que Polonia se mantivo neutral no conflito.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Á morte de [[Iván IV de Rusia|Iván IV]], Rusia sumiuse nunha gravísima crise, que Sexismundo creu poder aproveitar.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} O falso Dimitri, convertido secretamente ao catolicismo, contou co respaldo das xesuítas e de varios nobres lituanos, en especial de [[Jerzy Mniszech]], que casou con el a súa filla [[Marina Mniszech|Marina]] e prestoulle as súas tropas para apoderarse do trono moscovita.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} O caos ruso favoreceu a Dimitri, que foi ben recibido por campesiños e cosacos e, á morte de [[Boris Godunov]], obtivo tamén o respaldo dos [[Boiardo|boiardos]], que en abril de 1605 o proclamaron tsar.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Foi coroado en [[Moscova]] en xuño, pero en maio do ano seguinte un levantamento acabou coa súa vida e coa influencia dos xesuítas e dos polacos na corte rusa.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}}
[[Ficheiro:Rzeczpospolita_1618-es.svg|miniatura|300x300px|Situación territorial trala Paz de Deulino de 1618-1619. Sexismundo non logrou apoderarse do trono moscovita, pero si obter extensos territorios do [[tsarato ruso]].]]
Á morte de Demetrio I, xurdiu un novo pretendente ao trono, [[Dimitri II]], en 1607, que de novo contou con axuda polaco-lituana e alcanzou as murallas de Moscova; aburado polo falso Dimitri e polas revoltas nas provincias, Basilio asinou un tratado militar con Suecia, ao que Sexismundo respondeu cunha alianza con Dimitri II.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} Entón Sexismundo entrou abertamente en guerra contra Rusia: na [[batalla de Klushino]] de xullo de 1610, o seu exército esmagou o dos rusos.[13]{{harvnp|Stone|2001|p=140}} En abril de 1611 e tras un longo asedio, apoderouse de [[Smolensk]].[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} Para tratar de acabar coas revoltas, os boiardos rusos decidiron en agosto de 1610 aceptar a Vladislao como tsar.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} No seu nome, o hetman polaco ocupou o [[Kremlin de Moscova]], prometeu a conversión de Vladislao ao credo ortodoxo, respectar a relixión ortodoxa, devolver os territorios arrebatados ao tsarato e axudar a este para loitar con Suecia.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} Sexismundo rexeitou o acordo alcanzado polo seu hetman e os nobres rusos e tratou de facerse el mesmo co cetro do tsarato e impor o catolicismo en Rusia.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} Isto desbaratou o acordo e orixinou unha reacción en Rusia.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} Os partidarios do segundo falso Dimitri asasinárono cando este sufriu unha derrota militar, e os rusos formaron novos exércitos que en novembro de 1612 se apoderaron de Moscova.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} En febreiro de 1613, o [[Zemski Sobor]] elixiu tsar a [[Miguel I de Rusia]].[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} A guerra entre rusos e suecos continuou ata 1617, cando o [[tratado de Stolbovo]] deixou a costa báltica en mans suecas e o interior nas rusas.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} O conflito entre polaco-lituanos e rusos perdurou máis, até 1619, cando o [[Paz de Deulino|tratado de Deulino]] concedeu varios territorios a Polonia-Lituania e permitiu que Vladislao mantivese a súa reclamación ao trono ruso.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}} Este armisticio durou catorce anos.[14]{{harvnp|Stone|2001|p=141}}
 
== Últimos anos como monarca polaco ==