Elvira de Toro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
En [[1063]] seu pai convocou unha ''Curia Regia'' para dar a coñecer as súas disposicións testamentarias onde decidiu repartir o seu patrimonio entre os seus fillos, correspondéndolle á infanta Elvira a cidade de [[Toro, Zamora|Toro]], situada na actual [[provincia de Zamora]], e, coa súa irmá Urraca, o [[infantado]], isto é, «o padroado e mailas rendas de tódolos mosteiros pertencentes ó patrimonio rexio»<ref>{{cita libro| apelidos = {{versaleta|Martínez Díez}} | nome= Gonzalo | ligazónautor = Gonzalo Martínez Díez | título = Alfonso VI: señor del Cid, conquistador de Toledo | ano = 2003 | editorial = Temas de Hoy | lugar = Madrid | outros = (Historia) | isbn=978-84-8460-251-4 | ref=harv | páxina=33}}</ref> coa condición de non poder contraer matrimonio.{{Harvnp|{{versaleta|Sánchez Candeira}}|1999|p=231}}.
 
Os seus abondosos bens do infantado distribuíanse principalmente entre os reinos de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galiza|Galiza]], con algúns outros no de [[Reino de Castela|Castela]].{{harvnp|{{versaleta|Martin}}|2008|p=}} Así mesmo, realizou doazóns ás igrexas de Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, León e Burgos; e ós mosteiros de Celanova, Eslonza, Santo Isidoro de León e Oña.{{Sfn|{{versaleta|Gambra Gutiérrez}}||pp=}}
 
O [[10 de decembro]] de [[1068]], nunha doazón de Elvira á [[diocese de Santiago de Compostela]] de varias vilas en Lemos, Triacastela, Valcárcere e outros lugares, a infanta aparece como «raíña» (''Geluira regina'');<ref>{{Cita libro | título=Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela | url=https://archive.org/stream/historiadelasant02lpez#page/248/mode/2up | apelidos={{Versaleta|López Ferreiro}} |nome=Antonio | ligazónautor=Antonio López Ferreiro | ano=1899 |volume=2 | páxina=248 [Apéndices] |ref=harv}}</ref> un erro do compilador do ''[[Tombos da Catedral de Santiago de Compostela|Tombo A]]'' segundo [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]].{{Sfn|{{Versaleta|López Ferreiro}}|1899|p=549}}
Liña 19:
Nunha das súas últimas aparicións, o [[14 de marzo]] de 1099, testemuña nunha doazón do seu irmán Afonso VI ó [[mosteiro de San Pedro de Eslonza]].<ref>{{Cita libro | título=Cartulario del Monasterio de Eslonza | url=https://archive.org/stream/cartulariodelmo00ballgoog#page/n19/mode/2up | apelidos={{Versaleta|Vignau Ballester}} |nome=Vicente | ano=1885 |volume=Primera parte | páxina=10}}</ref>
 
A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de [[Tábara]] o [[11 de novembro]] de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os [[bispo]]s de [[Diocese de Tui|Tui]], [[Diocese de León|León]] e [[Diocese de Oviedo|Oviedo]] confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e [[Covarrubias]]. Á súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], filla do [[conde de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña]] e da súa esposa [[Urraca I]], legoulle Tábara, [[Wamba, Valladolid|Wamba]] e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde [[García Ordóñez]], e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o [[16 de xaneiro]] de [[1100]] á [[Catedral de Santiago de Compostela]] a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.{{harvnp|{{versaleta|Martin}}|2008|p=}}
 
== Sepultura ==
Após o seu pasamento, o cadáver da infanta Elvira foi sepultado no [[Panteón de Reis de Santo Isidoro de León]], onde recibiran sepultura seus pais e o seu irmán García.{{harvnp|{{versaleta|Arco y Garay}}|1954|p=188}} Sobre a tampa do seu sartego foi esculpido o seguinte epitafio latino:
 
{{Cita|{{versaleta|H. Re. Domna Geloira, Filia Regis Magni Ferdinandi. Vas Fidei, Decus Hesperiae Templum Pietatis. Virtus Justitiae, Sidus, Honor Patriae. Heu Quindena Dies Mensis, Geloira, Novembris. Exilium Multis, Te Moriente Fuit. Annis Mile VIIII CXXX peractis. Te tua mors rapuit, Spes Miseros Latuit.}}{{harvnp|Varios|2010|p=156}}}}