Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 238:
Arte [[esoterismo|esotérica]] desde a Antigüidade, a [[alquimia]] é a entecesora da [[física]] no sentido de observación da materia. Segundo [[Serge Hutin]], especialista na historia da alquimia, as "fantasías dos ocultistas" bloquearon porén o progreso científico, sobre todo nos [[século|séculos XVI]] e [[século XVII|XVII]]. Porén opina que estes espellismos que nutriron a [[alegoría]] alquímica influíron considerablemente no pensamento científico.<ref>Serge Hutin, ''L'alchimie'', PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 109.</ref> A [[experimentación]] debe tamén moito aos laboratorios dos alquimistas, onde se descubriron numerosos corpos que formaron máis tarde parte da [[química]]: o [[antimonio]], o [[ácido sulfúrico]] ou o [[Fósforo (elemento)|fósforo]], por exemplo. Os instrumentos dos alquimistas foron tamén os dos químicos modernos, o [[alambique]], por exemplo. Segundo Hutin, foi sobre todo sobre a [[medicina]] na que a alquimia tivo unha influencia máis notábel, pola achega de medicamentos minerais e polo ensanchamento da [[farmacopea]].<ref>Serge Hutin, ''L'alchimie'', PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 110.</ref> Para o químico [[Jean-Baptiste Dumas]]: "A química práctica naceu nos talleres dos ferreiros, dos oleiros, dos cristaleiros e nas tendas dos perfumistas".<ref>Citado por Serge Hutin, ''L'alchimie'', PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 120.</ref> A alquimia non xogou, pois, o papel único na formación da química; aínda que non é menos certo que este papel foi capital.
 
Para a conciencia popular, foron os primeiros químicos modernos —como [[Antoine-Laurent de Lavoisier|Lavoisier]] sobre todo, no [[século XVIII]], que pesa e mide os elementos químicos— os que consuman o divorcio entre química e alquimia. Numerosos filósofos e sabios foron na súa orixe alquimistas, como [[Roger Bacon]] ou [[Paracelso]]; outros interesáronse por eles, como [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]],<ref>Véxase: [http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=14501511 ''Francis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècle''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110924161345/http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=14501511 |date=24 de setembro de 2011 }} en CAT.INIST. {{fr}}</ref> e incluso, máis tarde, [[Isaac Newton]].
 
Aínda que as dúas disciplinas estiveron ligadas, pola historia e polos seus actores, a diferenza reside na representación da materia: combinacións químicas para a química, manifestacións do mundo inanimado como fenómenos biolóxicos para a alquimia. Para [[Bernard Vidal]], a alquimia ten sobre todo "permiso para acumular un coñecemento manipulatorio, práctico, do obxecto químico (...) O alquimista comezou así a rozar o campo de experiencias que sería necesario aos químicos dos séculos futuros".<ref>Bernard Vidal, ''Histoire de la chimie'', PUF, col. "Que sais-je?" n° 35 , Paris, 1985, páx. 32.</ref> A química nace como disciplina científica con [[Andreas Libavius]] ([[1550]] - [[1616]]) que publica o primeiro compendio de [[química]], ligándoa coa [[medicina]] e a [[farmacia]] (clasifica os compostos químicos e dá métodos para preparalos), e máis tarde [[Nicolas Lémery]] ([[1645]] - [[1715]]) publica o primeiro ''Tratado de química'' elevándoa xa definitivamente ao rango de ''ciencia'' e facendo autoridade co seu ''Cours de chimie, contenant la manière de faire les opérations qui sont en usage dans la médecine, par une méthode facile, avec des raisonnements sur chaque opération, pour l’instruction de ceux qui veulent s’appliquer à cette science'' en [[1675]]. [[Johann Rudolph Glauber]] ([[1604]] - [[1668]]) ou [[Robert Boyle]], pola súa parte, achegan considerábeis experimentacións sobre os elementos químicos.<ref>Para máis datos sobre os autores de descubrimentos nos primeiros tempos da alquimia, pódese consultar a obra de Bernard Vidal, ''Histoire de la chimie'', PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 1985, e o sitio [http://w3.umh.ac.be/lignetempschimie/15to17s.html La Ligne du Temps de la Chimie] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100126075131/http://w3.umh.ac.be/lignetempschimie/15to17s.html |date=26 de xaneiro de 2010 }}. {{fr}}</ref>