Mar das Hébridas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 61:
O mar das Hébridas comunica directamente co océano Atlántico polo sur, e, indirectamente, tamén o fai polo oeste a través dos diferentes estreitos existentes entre as distintas illas do grupo sur das [[Hébridas Exteriores]]. Polo norte, a través do estreito chamado [[O pequeno Minch]] conecta con outro mar epicontinental do océano Atlántico, [[O Minch]].
 
Os límites do mar das Hébridas non están claramente definidos, pero habitualmente adóitase considerar como límite suroccidental a liña que une o illote de [[Solan]], no oeste, e a illa de [[Tiree]], no surestesueste; como límite oriental, a costa occidental da [[illa de Mull]], unha pequena parte da costa noroccidental da illa de Gran Bretaña e a costa suroccidental da [[illa de Skye]]; como límite occidental, o grupo de illas meridionais das Hébridas Exteriores, [[Barra (Escocia)|Barra]], [[South Uist]] e [[Benbecula]]; e, o límite norte, é o inicio da canle do pequeno Minch, entre a illa de [[Grimsay]] e a punta oriental da illa de Skye.
 
No interior do mar das Hébridas están localizadas varias illas importantes, como [[Illa de Rum|Rum]] (104´62 km²), [[Eigg]] (30´49 km²), [[Tiree]] (78´2 km²), [[Coll]] (76´92 km²), [[Canna (Escocia)|Canna]] (11´30 km²), [[Muck]] (5´59 km²).