Mar das Hébridas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a primeira edición de esta páxina procede da información de en:Sea of the Hebrides
 
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
O Mar das Hébridas ({{IPAc-en | | h | ɛ | b | r | ᵻ | d | iː | z}}) é unha porción do [[Océano Atlántico]] do Norte, situada ao longo da costa oeste de [[Escocia]], entre o sur do arquipélago das [[Hébridas Exteriores]] e o norte do arquipélago das [[Hébridas Interiores]]. Ao norte, o Mar das Hébridas únese a [[O Minch]].<ref>C.Michael Hogan. 2011. [http://www.eoearth.org/article/Sea_of_Hebrides?topic=49523 ''Sea of the Hebrides''. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC]</ref>
 
O Mar das Hébridas forma parte dos [[Mares internos da Costacosta Oesteoeste de Escocia]], tal como a define a [[Organización Hidrográfica Internacional]],<ref>{{cite web|url=http://www.iho.int/iho_pubs/standard/S-23/S-23_Ed3_1953_EN.pdf|title=Limits of Oceans and Seas, 3rd edition|year=1953|publisher=International Hydrographic Organization|accessdate=7 de febreiro de 2010}}</ref> e parte dos mares do oeste de Escocia en canto á xestión pesqueira.
 
== Xeografía ==
[[ficheiro:Isle of Canna Panorama 2.jpg|thumb|250px|left|Panorama de [[Sanday]] (desde o outeiro da Boussole, na illa de [[Canna (Escocia)|Canna]]). Ao fondo, a illa de [[Rùm]]. Todas estas illas están bañadas polo mar das Hebridas.]]
 
O mar das Hébridas comunica directamente co océano Atlántico polo sur, e, indirectamente, tamén o fai polo oeste a través dos diferentes estreitos existentes entre as distintas illas do grupo sur das [[Hébridas Exteriores]]. Polo norte, a través do estreito chamado [[O pequeno Minch]] conecta con outro mar epicontinental do océano Atlántico, [[O Minch]].
 
Os límites do mar das Hébridas non están claramente definidos, pero habitualmente adóitase considerar como límite suroccidental a liña que une o illote de [[Solan]], no oeste, e a illa de [[Tiree]], no sureste; como límite oriental, a costa occidental da [[illa de Mull]], unha pequena parte da costa noroccidental da illa de Gran Bretaña e a costa suroccidental da [[illa de Skye]]; como límite occidental, o grupo de illas meridionais das Hébridas Exteriores, [[Barra (Escocia)|Barra]], [[South Uist]] e [[Benbecula]]; e, o límite norte, é o inicio da canle do pequeno Minch, entre a illa de [[Grimsay]] e a punta oriental da illa de Skye.
 
No interior do mar das Hébridas están localizadas varias illas importantes, como [[Illa de Rum|Rum]] (104´62 km²), [[Eigg]] (30´49 km²), [[Tiree]] (78´2 km²), [[Coll]] (76´92 km²), [[Canna (Escocia)|Canna]] (11´30 km²), [[Muck]] (5´59 km²).
 
No mar das Hébridas prestan servizo varias compañías de transbordadores que comunican as illas, con liñas como Castlebay-Oban, Bag a Chaisteil-Maillag, Eigg-Maillag ou Lochboisdale-Oban.
 
== Extensión ==
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a [[Organización Hidrográfica Internacional]] («International Hydrographic Organization, IHO), non considera o mar das Hébridas como un mar independente, senón formando parte dos «mares interiores da costa oeste de Escocia» (''Inner Sexas off the West Coast of Scotland'') ao que, na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asigna o número de identificación 18 e defíneo da forma seguinte:
 
:: ''No Oeste e Norte.'' Unha liña que vai desde Bloody Foreland (55º10'N, 8º17'W) en [[Irlanda]], ata o oeste da illa Tory, a Barra Head, ao punto suroeste das illas Hébridas, e desde alí a través destas illas, de tal xeito que as costas occidentais das principais illas pertencen ao océano Atlántico (23) e todas as augas do estreito pertencen aos Mares Interiores, ata Butt of Lewis (North Point), e desde alí ata o [[Cabo Wrath (Escocia)|cabo da Ira]] (''Cape Wrath'') (58º37'N) en Escocia.
:: ''No Sur.'' Unha liña que une o extremo sur de Mull of Galloway (54º38'N) en Escocia e punta Ballyquintin (54º20'N), en Irlanda.<ref>«On the West and North.<br /> A line running from Bloody Foreland (55º10'N, 8º17'W) in Ireland to the West point of Tory Island, on to Barra Head, the Southwest point of the Hebrides, thence trough these islands, in such a manner that the West coasts of the main islands appertain to the Atlantic Ocean (23) and all the narrow waters appertain to the Inner Seas, as far as the Butt of Lewis (North Point), and thence to Cape Wrath (58º37'N) in Scotland. <br /> On the South.<br /> A line joining the South extreme of Mull of galloway (54º38'N) in Scotland and Ballyquintin Point (54º20'N) in Ireland».<br /> A traducción ao galego é propia. A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: {{enlace roto|1=http://www.iho.int/publicat/free/files/S23_1953.pdf |2=http://www.iho.int/publicat/free/files/S23_1953.pdf |bot=InternetArchiveBot }}.</ref>
 
==Notas==