Orde de Santo Agostiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Orixe: Arranxos
Liña 5:
== Historia ==
=== Orixe ===
O nacemento da Orde de Santo Agostiño remóntase ó ano 1243 cando catro ermitáns (Estevo de Cataches, Hugo de Corbaria, Guido de Rosia e Pedro de Lupocavo) en representación de grupos de eremitas situados na antiga Tuscia, [[Lacio]] superior e zonas limítrofes de [[Umbría]], dirixíronsese dirixiron ó [[papa]] [[Inocencio IV, papa|Inocencio IV]] para pedirlle unha regra común e un prior xeral.<ref name="AugnetHist">{{Cita web|url=http://www.augnet.org/default.asp?ipageid=5|apelidos=Augnet|título=OSA History|data-acceso=28 de setembro de 2018|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20161230185549/http://www.augnet.org/default.asp?ipageid=5|dataarquivo=30 de decembro de 2016|urlmorta=si}}</ref>
 
Logo de coñecida a proposta, no primeiro ano do seu pontificado, Inocencio IV determinou a creación dunha nova orde mendicante, tamén chamada orde de pobreza evanxélica ou de fraternidade apostólica, (a terceira despois dos franciscanos e dominicos).<ref name="agustinosescorial_1">http://www.agustinosescorial.com/conocernos/orden-de-san-agustin</ref> ''Incumbit nobis'' e ''Praesentium vobis'' datadas o 16 de decembro de 1243, sentaron as bases xurídicas da erección canónica da Orde de Santo Agostiño. ''Incumbit nobis'' ordenou que os eremitas de Tuscia, "''exceptis Fratribus S. Guillelmi'' (agás polos irmáns S. Guillelmi)", enviasen un ou dous representantes de cada casa ó primeiro Capítulo Xeral, profesasen “a regra e o xénero de vida do benaventurado Agostiño”, redactasen as súas Constitucións e elixisen un Prior Xeral. O proceso estivo baixo a dirección do [[cardeal]] Ricardo degli Annibaldi por medio da bula ''Praesentium vovis.'' A reunión tivo lugar en marzo de 1244, na cidade de [[Roma]] (nun lugar agora descoñecido) no que se chama agora "<span>A Pequena Unión"</span>.
 
A bula ''Licet Ecclesiae Catholicae'' marcou unha segunda fase no desenvolvemento inicial da Orde, coñecido como "<span>A Grande Unión"</span>, ocorrida o 9 de abril de 1256 nunha antiga igrexa romana (hoxe Basílica de Santa María do Popolo). Nesta ocasión produciuse a anexión doutras ordes de ermitáns situados nas rexións centrais e setentrionais de [[Italia]] como os de ''Xoán Bo'', os ''Ermitáns de'' ''Santa María de Cesena'', os ''Ermitáns de'' ''Bréttino'', os ''Ermitáns de'' ''Monte Favale'' e mesmo os ''Guillermitas'' que profesaban a Regra de San Bieito.
 
== Notas ==