Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 28:
O primeiro problema xorde polo feito de que os exipcios non utilizaron un sistema de datación homoxéneo: non tiñan un concepto dunha era similar ao [[Anno Domini]], ou o costume de nomear os anos, como en [[Mesopotamia]] (véxase [[Limmu]]). Databan con referencia aos reinados dos diversos faraóns, solapando posiblemente os interregnos e as épocas de [[correxencia]]. Un problema engadido xorde ao comparar as distintas [[Listas Reais de Exipto|Listas Reais]] de [[faraón]]s, pois están incompletas ou con datos contraditorios, ata no mesmo texto. As obras do mellor historiador sobre Exipto, [[Manetón]], perdéronse e só as coñecemos a través de [[epítome]]s de escritores posteriores como [[Flavio Xosefo]], [[Eusebio de Cesarea]], [[Sexto Xulio Africano]] ou o monxe [[Xurxo Sincelo]]. Desafortunadamente as datas dalgúns reinados varían dun a outro autor.
=== Os inicios da civilización exipcia ===
As evidencias [[arqueoloxía|arqueolóxicas]] indican que a civilización exipcia comezou ao redor do [[VI milenio a. C.]], durante o [[Neolítico]], cando se asentaron os primeiros poboadores (véxase o [[Período pre-dinástico|período predinástico]]). O río [[río Nilo]], en torno ao cal asentabase a poboación, foi a liña de referencia para a [[Cultura do Antigo Exipto|cultura exipcia]] desde que os [[nómade]]s [[Caza-recolección|cazadores-recolectores]] comezaron a vivir nas súas ribeiras durante o [[plistoceno]]. Os rastros destes primeiros poboadores quedaron nos obxectos e signos gravados nas rochas ao longo do val do Nilo e nos [[oasis]].
 
Ao longo do Nilo, no [[Mesolítico|XI milenio a. C.]], unha cultura de recolectores de gran fora substituída por outra de [[Cinexética|cazadores]], [[pesca]]dores e recolectores que usaban [[Idade da Pedra|ferramentas de pedra]]. Os estudos tamén indican asentamentos humanos no suroeste de Exipto, preto da fronteira con [[Sudán]], antes do 8000 a. C. A evidencia [[xeoloxía|xeolóxica]] e estudos [[climatoloxía|climatolóxicos]] suxiren que os cambios do [[clima]], ao redor do 8000 a. C., comezaron a desecar as terras de caza e pastoreo de Exipto, conformándose paulatinamente o [[deserto do Sáhara]]. As tribos da rexión tenderon a agruparse cerca do río, onde xurdiron pequenos poboados que desenvolveron unha economía agrícola. Hai evidencias de pastoreo e do cultivo de [[cereal|cereais]] no leste do Sáhara no VII milenio a. C.