Evanxelización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Evangelización"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2018 ás 17:26

Coñécese como evanxelización o acto de predicar o evanxeo de Xesús, é dicir, de espallar o cristianismo. A evanxelización é unha función propia dos crentes de Cristo , e do resto de confesións cristiás.[1] Isto, en ocasións, considérase como un tipo de proselitismo.[2]

A palabra evanxelista vén do grego koiné εὐαγγέλιον (euangelos, εὔ = "bo, boa", ἀγγέλλω = nova, mensaxe), que quere dicir aportador de boas novas, fundador de boas novas. A expresión en supresiónkoiné para boas noticias, ευάνγελιον (eu-angelion) é usado para referirse ós catro Evanxeos no Novo Testamento; así os Evanxelistas son tamén os autores dos catro evanxeos, tradicionalmente coñecidos como Mateo, Marcos, Lucas e Xoán.

Os Catro Evanxelistas, por Jacob Jordaens.

Orixes

A misión da Evanxelización, comezou con Xesús mesmo, e o cumprimento desta foi a súa razón de ser en canto Cristo. Conforme a palabras, o mesmo que el fora enviado polo Pai, el envía ós seus discípulos e a toda a Igrexa, comprometéndoos no movemento mesmo desa misión, para que continúe o ofrecemento da Boa Nova no corazón dos homes e de cara á edificación progresiva do Reino de Deus. A evanxelización é levada a cabo pola obediencia ó mandato de Xesús ós seus discípulos que aparece no Novo Testamento:

Notas