Animal de compaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Trillium Poncho cat dog.jpg|miniatura|Un [[gato]] e un [[can]], dúas mascotas populares.]]
Un '''animal de compaña''', '''animal de compañía''', '''animal doméstico''' ou '''mascota''' é un [[animal]] que serve principalmente para a compaña ou protección dunha persoa, en contraste cos de [[animal de traballo|traballo]], de deporte, do [[gando]] e de [[Experimentación con animais|animais de laboratorio]], que serven para a súa exhibición, polo seu valor agroalimentario ou para a investigación. As mascotas máis populares son escollidas polas súas aparencias atractivas, a súa lealdade ou personalidade.
 
As mascotas achegan ós seus donos (ou gardiáns<ref name="Guardianship Movement">{{cita web|url=http://www.petplanethealth.com/guardian/guardianship-petition/|título=Guardianship Movement|editor=Pet Planet Health|dataacceso=10 de febreiro de 2015}}</ref>) beneficios físicos e emocionais. Pasear co [[can]] pode suplir o exercicio humano e animal, e fai medrar a interacción social. As mascotas poden dar compaña a adultos anciáns que non teñen interaccións socias axeitadas con outra xente, así como outra xente que vive soa. Existe unha clase, medicamente aprobada, de [[Zooterapia|terapia asistida con animais]], principalmente cans e gatos, que son empregados como apoio en tratamentos e terapias para pacientes de tódalas idades, con doenzas que os debilitan e afectan no eido social, emocional e cognitivo.