Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Esqueleto externo: +trad. ca.wiki
Liña 40:
Os principais exemplos de exoesqueleto atópanse entre os [[artrópodo]]s, algúns [[invertebrado]]s, nos que o exoesqueleto forma unha casca ou estrutura externa que protexe aos órganos internos.
 
Tendo en conta que os exoesqueltos limitan obviamente o crecemento do animal, as especies con esta característica desenvolveron evolutivamente variadas solucións. A maioría dos moluscos teñen cunchas calcáreas que acompañan aoó crecemento do animal mediante crecemento no [[diámetro]] mantendo a súa morfoloxía. Outros animais, tales coma os [[artrópodo]]s, abandonan o vello exoesqueleto ó medrar, proceso que se coñece como "muda". O novo exoesqueleto endurécese mediante procesos de calcificación e esclerotización.
 
O exoesqueleto dun artrópodo presenta frecuentemente extensións internas, que se coñecen como endoesqueléticas, aínda que non constitúan verdadeiramente un endoesqueleto.
 
Os sistemas externos soportan proporcionalmente máis peso que os endoesqueletos da mesma medida, por esta razón os animais máis grandes, como os [[vertebrado]]s teñen esqueletos internos.
 
{{Recadro
|largo = 350px
|título = Limitacións do exoesqueleto
|contido= O esqueleto externo é bastante pesado con relación ó volume dun animal, de forma que a súa presenza só é posible en animais pequenos ou medianos. O exoesqueleto é habitual en animais acuáticos posto que o peso deste é menor debido á presión ascensional da auga.
[[Ficheiro:Giant clam komodo.jpg|100px|miniatura|''Tridacna deresa'']]
Aínda pode ser máis gordo nos animais mariños, debido ó peso específico maior da auga salgada, e sobre todo nos sedentarios, e así o molusco lamelibranquio ''[[Tridacna deresa]]'' do océano Pacífico ten un caparazón de 1,4 m de lonxitude e un peso dun 250 kg.<ref> «[https://www.enciclopedia.cat/EC-GEC-0105959.xml esquelet]». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.</ref>
}}
Moitos taxóns producen exoesqueletos, os cales están compostos por unha gran gama de materiais. [[Óso]]s, [[cartílago]]s, ou a [[dentina]] son empregados polos peixes [[ostracoderm]]s e [[tartaruga|tartarugas]]. A [[quitina]] forma o exoesqueleto dos artrópodo*s (insectos, arácnidos, crustáceos, como os cangrexos e saltóns) así mesmo esta sustancia está presente nalgúns fungos e bacterias, aínda que non forman estruturas típicas de esqueleto. O [[carbonato de calcio]] constitúe os caparazóns dos [[moluscos]], [[braquiopodos]], e algúns tubos creados polos vermes [[poliquetos]]. O [[sílice]] (dióxido de silicio) forma o exoesqueleto nas [[diatomees]] microscópicas e [[radiolario]]s.
 
Algúns organismos, como algúns dos [[foraminíferos]], forman exoesqueletos aglutinando grands de area e cunchas cara ó exterior. Contrariamente á crenza popular, os [[equinodermo]]s non posúen un exoesqueleto, posto que este está sempre contido dentro dunha capa de tecido vivo.
 
Os exoesquelets evolucionaron de forma independente en moitas ocasións, dezaoito liñaxes diferentes evolucionaron producindo un exoesqueleto calcificado de forma independente.<ref name=Porter2007>{{cita publicación
|autor = Porter, Susannah M.
|ano = 2007
|título = Seawater Chemistry and Early Carbonate Biomineralization
|publicación = Science
|volume = 316
|páxinas = 1302
|doi = 10.1126/science.1137284
|pmid = 17540895
}}</ref> Ademais, outras liñaxes produciron recubrimentos duros externos análogos a un exoesqueleto, como algúns [[mamífero]]s (construído a partir de óso no [[armadillo]], e de pelo no [[pangolí]]) e en [[réptil]]s (como as tartarugas e as armaduras dos [[Anquilosaure (infraordre)|anquilosaure]] constrúense de óso, os [[crocodilo]]s, que teñen escamas óseas e escamas córneas).
 
=== Esqueleto interno ===