Maryland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Moedagalega (conversa | contribucións)
*subministro > subministración.
Liña 77:
 
=== [[1775]] - [[1900]] ===
Maryland participou activamente ao longo da [[Revolución Americana de 1776]]. Oficiais da colonia atenderon á todas as Conferencias Continentais. Tropas de Maryland loitaron activamente ao longo da guerra de independencia, e [[Baltimore]] desempeñou papel esencial ao longo da guerra, como un polo industrial e fabricante de armas e subministrossubministracións. Poucas batallas ocorreron no estado, mais a braveza dos soldados de Maryland fixeron que [[George Washington]] eloxiase constantemente as tropas de Maryland que loitaron ao longo da guerra contra os británicos. Maryland ratificou a [[Constitución dos Estados Unidos de América|Constitución Americana]] en [[28 de abril]] de [[1788]], tornándose así o oitavo Estado a entrar na Unión. En [[1791]], un pedazo rectangular de terra ao sueste do estado foi cedida ao goberno para a construción da nova e actual capital americana, [[Washington, DC]].
 
Maryland foi atacada dúas veces por tropas británicas durante a [[Guerra de 1812]]. Na primeira, os británicos, derrotaron en [[1813]] unha forza americana no norte do estado, para posteriormente proseguir en dirección á capital Washington DC, onde as tropas británicas queimaron diversas estruturas gobernamentais americanas. Estas mesmas tropas británicas proseguiron en dirección a [[Baltimore]], que foi cercada por terra e mar por forzas terrestres e navais británicas. Mais os americanos defenderon con éxito a cidade. [[Francis Scott Key]], un poeta afeccionado que testemuñara a defensa da cidade, inspirouse nas imaxes da batalla para escribir o actual himno americano, [[The Star-Spangled Banner]].