Diferenzas entre revisións de «Arthur Wellesley, duque de Wellington»

*subministro > subministración.
(engado táboa)
(*subministro > subministración.)
Aínda que a guerra non era moi favorábel, era o único sitio onde os británicos e os seus máis antigos aliados, os portugueses, eran capaces de plantarlle cara aos franceses e os seus coligados. Wellesley enviou un memorial a [[lord Castlereagh]] acerca da defensa de Portugal, subliñando o valor das súas fronteiras montañosas e defendendo o papel de Lisboa como base principal, xa que a armada británica podería convertela en inexpugnábel. Castlereagh e o seu goberno aprobaron o documento, nomeándoo xefe de todas as forzas británicas en Portugal, cuxo número acrecentaron de 10.000 a 26.000 homes.
 
Rapidamente reforzado, Wellesley iniciou a ofensiva en abril de 1809. Primeiro atravesou o [[río Douro|Douro]] cun brillante "golpe de man" ([[Segunda batalla de Porto]]), derrotando as tropas francesas acantonadas na [[Porto, Portugal|cidade]], e uníndose ás tropas españolas mandadas polo xeneral [[Gregorio García de la Cuesta|De la Cuesta]]. Ambos buscaron a [[Claude Victor-Perrin, duque de Belluno|Marechal Victor]], pero o irmán de Napoleón, o rei [[Xosé I Bonaparte|Xosé]], reforzou o exército de Victor, que atacou primeiro, porén as tropas anglo-hispanas venceron na [[batalla de Talavera]]. Esta vitoria implicou o ennobrecemento de Wellesley como "vizconde Wellington de Talavera e de [[Wellington, Somerset|Wellington]]". Como o [[Nicolas Jean de Dieu Soult|Marechal Soult]] tentase reaccionar, os británicos víronse compelidos a retirarse para Portugal. Privado dosdas subministrossubministracións que lle prometeran os españois e non contando cos movementos de Soult, Wellington non puido xa crer nas promesas españolas.
 
En 1810, un novo grande exército francés so mando do mariscal [[André Masséna]] invadiu Portugal. A opinión británica, tanto na illa como no exército, era unanimemente pesimista: deberían evacuar Portugal. Mais Wellington primeiro atrasou os franceses en [[Batalla de Buçaco|Buçaco]], e logo bloqueounos na península de Lisboa coas súas magníficas defensas, as [[liñas de Torres Vedras]], que foran brillantemente amañadas en segredo total, en tanto os flancos estaban resgardados pola armada británica. Unhas trabucadas e famentas tropas invasoras francesas retiráronse logo de seis meses. Wellington perseguiunas e, en varias escaramuzas, botounas de Portugal, salvo unha pequena gornición de [[Almeida]], que foi asediada.
Tentou entón tomar a vital fortaleza de Burgos, que gardaba o camiño entre Madrid e Francia, mais fracasou debido á falta de equipamento de asedio. Os franceses, mentres, abandonaron Andalucía, procurando a converxencia de varios corpos de exército que puxeran en posición delicada ás forzas aliadas inimigas. Wellignton habilmente retirou o seu exército, para reunirse con corpos menores mandados por [[Rowland Hill, 1º vizconde de Hill|Rowland Hill]], e retroceder para Portugal. Aínda que Soult nese momento, no mes de novembro de 1812, posuía vantaxe numérica, dubidou en atacar, temoroso da dirección militar británica. Porén a derrota francesa en Salamanca que obrigara á súa retirada de [[Andalucía]], e a perda temporal de Madrid, danara de xeito irreparábel o prestixio do goberno monicreque pro-francés en España.
 
No ano 1813, Wellington dirixiu unha nova ofensiva, esta vez contra as liñas de comunicación francesas. Atacou nas alturas ao Norte de [[Burgos]], inesperadamente fixo traer osas subministrossubministracións desde [[Santander]], na costa cantábrica, en vez de Portugal. Persoalmente conduciu unha pequena forza contra o centro do exército francés, mentres o groso das tropas - mandadas por sir [[Thomas Graham]] - envolvía a destra francesa, o que levou aos franceses a deixar Madrid e Burgos. Continuando o seu envolvemento, Wellington colleunos e esmagounos na [[batalla de Vitoria]], vitoria que lle valeu ser promovido ao rango de mariscal de campo. Desgraciadamente, as tropas británicas racharon a disciplina para saquear as carruaxes francesas abandonadas en vez de perseguir os derrotados inimigos. Wellington, no seu informe posterior á batalla, furioso, alcumounas de "feces da terra, só alistados para beberen".
 
Poucos meses despois, en 1814, logo de tomar as pequenas fortificacións de [[Pamplona]] e [[Donostia]], Wellington invadiu Francia, e puxo asedio a [[Batalla de Toulouse|Toulouse]], defendida polos franceses so mando do mariscal Soult. O sitio foi interrompido unha vez que se recibiron novas da rendición do propio Napoleón, que algún tempo despois se exiliou na [[illa de Elba]].
22.486

edicións