Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra mundial»

Arranxos de lingua.
(→‎Bibliografía: Breve historia de la Primera Guerra Mundial se está en castelán será ''de la'' non ''da'')
(Arranxos de lingua.)
No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "Paz armada", debido ao imperialismo dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país veciño de seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomán e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.
 
Todo estalou debido a un conflito de intereses imperialistas na zona dos Balcáns, o reino de Serbia quería expandirse polos territorios veciños, primeiro tentouno na primeira guerra balcánica e logo mediante campañas de propaganda onde afirmaba que era a nación que debía liderar aos pobos eslavos do sur, para iso aliouse con Rusia fronte ao seu veciño o Imperio Austrohúngaro, que dominaba a rexión de Bosnia-Herzegovina. Esta rexión habitada por eslavos pero pertencente ao Imperio Otomán aínda que administrada polo Imperio Austrohúngaro, era continuamente obxectivo de axitación nacionalista paneslava por parte dos serbios. Unha sociedade segreda militar serbia, A Man Negra, que desde facía cinco anos manexaba os resortes de poder no reino Serbio aproveitou a visita do príncipe austríaco Franz Ferdinand a Bosnia para asasinalo, xa que vían nel e na súa política de reforma para dar maior autonomía aos diversos pobos do imperio, un perigo de perder o protagonismo paneslavo. Os militares ultranacionalistas de Serbia utilizaron unha asociación de mozos serbios moi activos para que desen o golpe, que ao principio saíu mal, pero Gravilo Princip tivo sorte e matou a seu obxectivo sendo detido, mais seus cómplices fuxiron a Serbia. Isto foi descuberto polas autoridades austríacas que comezaron a presionarfacer apresión sobre Serbia para que permitise unha investigación austríaca en chan serbio ao que se negou o seu goberno en reiteradas ocasións ata que Austria enviou un ultimato negociando 15 puntos, que non foron aceptados polo que Austria declarou a guerra a Serbia, a partir de aquí as declaracións de guerra entre os diversos imperios europeos segiu en efecto dominó.
 
== Bandos ==
A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A finais do [[século XIX]], tras a guerra franco-prusiana, [[Otto von Bismarck]], chanceler [[prusia]]no, conseguiu establecer unha serie de alianzas cuxo fin era o de illar Francia. Trala guerra entre Francia e Prusia, rematou a unificación de Alemaña e o establecemento do II Reich. Ademais da perda territorial, Francia foi humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de vinganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918. Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída ao [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Conseguiu acordos semellantes con [[Italia]], formándose así a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]]. Deste xeito, Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No tocante á política exterior, deixa a Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co [[Imperio Ruso]], dirixido polo tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].
 
Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o [[Imperio Alemán]] e o [[Imperio Austro-Húngaro]]; e o outro, a ''Entente Cordiale'', formado polo [[Imperio Ruso]] e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o [[Imperio Británico]], que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un periodoperíodo coñecido como ''Paz Armada'', en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado polo Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota.
[[Ficheiro:Faro de Vigo, 1914, agosto.jpg|miniatura|esquerda|Portada do ''[[Faro de Vigo]]'' do 7 de agosto de [[1914]].]]
En agosto de 1914 estoupa a que sería a primeira guerra mundial. Austria-Hungría invade [[Serbia]], o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden [[Bélxica]] para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.
== Cronoloxía da guerra ==
A guerra pasou por diferentes fases:
* '''1ª fase''': durante a primeira fase os éxitos caeron do bando das potencias centrais. Austria-Hungría invade a Serbia e toma a maior parte do país. Non obstante, sofre moitas máis baixas do agardado. Na fronte occidental, Alemaña leva a iniciativa. Pon en marcha o plano Schlieffen, invadindo Bélxica para chegar a Francia. A invasión de Bélxica é exitosa, pero a un custo elevado. A pesar da oposición francesa e británica, os alemáns chegan a Francia. As tropas centrais primeiro diríxense cara a París, e logo viran ao oeste tratando de envolveren as tropas aliadas. Deste xeito pérdese un tempo valioso, permitindo a Francia reorganizar a defensa da capital. Cando os alemáns tentaron asaltar a cidade, foron repelidos contudentemente na [[Primeira Batalla do Marne]]. As ofensivas galas a través de Alsacia e Lorena foron un total fracaso e supuxeron elevadas perdas. Pola súa banda, o Corpo Expedicionario Británico non puido aguantar a embestidaacometida xermana e tivo que retirarse en varias ocasións. A finais de 1914 a fronte quedou estabilizada tras a [[batalla de Yser]] e apenas se movería ata [[1918]]. A fronte oriental en cambio era moito máis móbil. En 1914 as tropas tsaristas invadiron Austria-Hungría e Prusia oriental. Avanzaron fondamente pero finalmente foron repelidas na [[batalla de Tannenberg]]. Tras as diversas batallas, desapareceron o I e II Exércitos rusos e morreron aproximadamente 1.000.000 de austríacos. Tamén en 1914, o Imperio Otomán atacou o Imperio Ruso a través de [[Armenia]], con escaso éxito.
* '''2ª fase''': tras a batalla de Yser estabilízase a fronte na Francia. Ambos os bandos comezan a construción dunha serie de trincheiras que iría desde [[Suíza]] ata a costa atlántica francesa. A partir de entón todas as batallas consistirían primeiro nun bombardeo masivo de artillaría que destruiría as defensas inimigas e aturdiría os soldados rivais, seguido dun asalto pola infantaría coa [[baioneta]]. Malia as grandes ofensivas, tanto alemás ([[batalla de Verdún]]) como aliadas ([[ofensiva do Somme]]), a liña da fronte apenas se movería ata 1918. O éxito de cada ataque medíase en relación á superficie gañada, ás veces custando miles de vidas cada metro conquistado. A fronte oriental sempre foi moito máis móbil cá occidental. A finais de [[1917]] o exército ruso estaba desfeito, carecía de alimentos e municións e o pobo ruso estaba ao bordo da sublevación. Isto favoreceu intensamente a chegada ao poder do [[comunismo]], con [[Lenin]] á cabeza, que se retirou da guerra asinando o tratado de Brest-Litovsk. Tamén en 1917, os Estados Unidos declaran a guerra ao Imperio Alemán tras o afundimento do transatlántico Lusitania.
* '''3ª fase''': a fase final da guerra comezou en 1918, tras a sinatura do tratado de Brest-Litovks, a través do cal a Rusia revolucionaria rendíase ao Imperio Alemán. Deste xeito, quedaban liberados medio millón de soldados alemáns, que agora serían destinados á fronte occidental. O Alto Mando alemán quería finalizar a guerra antes de que chegasen máis tropas estadounidenses e por iso enviou a todos os efectivos na [[ofensiva de San Miguel]]. Os resultados iniciais foron moi bos e axiña afondaron en Francia. Os británicos tiveron que repregarse perdendo case tantos homes coma na ofensiva do Somme de 1916. Os franceses tamén sufriron moitas baixas. Parecía que Alemaña estaba a punto de gañar a longa guerra pero, cara a mediados de 1918, esgotouse. A cidadanía alemá desexaba a conclusión da guerra debido ás penurias económicas e alimentarias que sufría e presiounou ao goberno para que o káiser fose deposto. A finais do verán, os aliados recuperáranse e contraatacaron en numerosos puntos durante a [[ofensiva dos cen días]]. Os aliados contaban coa vantaxe dun maior número de tropas (franceses, británicos, australianos, neozelandeses, canadenses, estadounidenses) e dunha superioridade tecnolóxica (maior número de avións e tanques). Durante meses hostigaron aos alemáns, ata que en outubro se fixo inevitable iniciar negociacións para un armisticio. As condicións que impuñan os aliados, sobre todo os franceses, eran tan duras que os alemáns non as aceptaron. Finalmente, ante a ameaza do colapso do país, o Imperio Alemán firmou a rendición incondicional. Os aliados aínda non romperan de todo as liñas alemás, pero o Imperio estaba ao bordo da revolución, e agora só, tras a rendición de Austria-Hungría, a [[Bulgaria]] e do Imperio Otomán. Ás 11 horas do [[11 de novembro]] de [[1918]] cesaron todos os combates. O II Reich quedaba suprimido e instaurábase a ''República Alemá'' tras o exilio do káiser Guillerme II de Alemaña.
A '''gran guerra''' foi unha contenda que se iniciou e finalizou en terra, sendo protagonista a infantería e os equipos blindados. Non obstante, a mariña interviu ao longo de toda a guerra en distintas áreas.
 
* Europa: nas augas europeas, a mariña real británica e a mariña de guerra francesa tentaron impor un bloqueo marítimo ás potencias centrais, limitando o abastecemento de Alemaña e Austria-Hungría. Pola súa parte, a frota de guerra do Imperio Alemán tentaría romper o bloqueo nunha serie de batallas que perdería. A maiores, desenvolveu unha nova arma, o [[submarino]], que distribuirá polas distintas augas europeas cuxo obxectivo é o de afundir o maior número de barcos posibles dos aliados. Especialmente, interesaba cortar as liñas de subministrossubministracións de municións e alimentos que proviñan de [[América]] (Estados Unidos, Arxentina etc.). No Mediterráneo, Austria-Hungría despregou a súa frota e enfrontouse aos barcos aliados. A través deste mar, os británicos e franceses pretendían atacar e vencer ao Imperio Otomán. Aínda así, o desembarco realizado en Gallipolli non tivo éxito e tiveron que retirarse.
* Asia: cando estoupou a guerra, atopábanse en Asia parte da frota rusa, a frota xaponesa, parte da británica e a alemá. As bases navais alemás foron bombardeadas e tomadas. A frota alemá foi derrotada pola británica.
* África: ao igual que en Asia, polas costas africanas navegaban frotas das potencias coloniais. As naves británicas volveron a gañar a partida ás alemás, pero estas causaron danos aos transportes aliados.
* [[Rommel]] e [[Patton]], alemán e americano respectivamente, combateron na guerra e foron rivais (como mariscal e xeneral) tamén na [[segunda guerra mundial]].
* [[Harry S. Truman]], presidente dos Estados Unidos, que combateu como oficial de [[artillería]].
* [[Hermann Göring]], piloto de aviación, do escuadronescuadrón do barón [[Manfred von Richthofen]].
Os tratados de paz impuxeron fortes condicións á Alemaña e os imperios coloniais redistribuíronse.
A organización da paz foi difícil. Os países vencedores (EE.UU., Francia, Italia e a Gran Bretaña) impuxeron condicións excesivas nos tratados, xa que non permitiron que os vencidos estivesen na mesa de negociacións.
17.913

edicións