Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 45:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos (1908-1929) ===
Ruth Elizabeth Davis, coñecida desde a súa infancia como «Betty», naceu en [[Lowell, Massachusetts|Lowell]], [[Massachusetts]], filla de Ruth Augusta «Ruthie» (16 de setembro, [[1885]] ao 1 de xullo, [[1961]] aos 75) ([[Nomes de nacemento e de matrimonio|de solteira]], Favor) e de Harlow Morrell Davis (9 de marzo, [[1885]] - 1 de xaneiro, [[1938]] aos 52), un avogado de patentes,<ref>Spada (1993), p. 11</ref> o 5 de abril de 1908. A súa única irmá, Barbara «Bobby», naceu o 25 de outubro de 1909.<ref>«[http://www.findagrave.com/cgi-bin/fg.cgi?page=gr&GRid=6594793 Barbara Berry Davis (1909-1979)]» (en inglés) Find a grave. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.</ref> A familia era [[protestante]], de ascendencia [[Pobo inglés|inglesa]], [[Pobo francés|francesa]] e [[Pobo galés|galesa]].<ref name="bioimdb"/><ref>{{cita Harvard|Bubbeo|2002|p=31}}</ref> En 1915, os pais de Davis separáronse e Betty e Bobby asistiron a un internado chamado Crestalban en [[Lanesborough, Massachusetts|Lanesborough]], nas montañas Berkshires,<ref>Sikov (2007), pp. 14–15</ref> ata que en 1921, Ruth trasladouse a [[Nova York]] coas súas fillas, onde traballou como fotógrafa retratista. Betty decidiu converterse en actriz logo de ver a [[Rodolfo Valentino]] en ''[[The Four Horsemen of the Apocalypse (filme de 1921)|The Four Horsemen of the Apocalypse]]'' (1921) e a [[Mary Pickford]] en ''[[Little Lord Fauntleroy]]'' (1921),<ref>Spada (1993), p. 20</ref> e decidiu cambiar o seu alcumo a «Bette» polo libro ''[[La Cousine Bette]]'' de [[Honoré de Balzac]].<ref>Chandler (2006), p. 34</ref> Ademais, recibiu o apoio da súa nai.<ref name="News"/>
 
A principios da década de 1920, Davis asistiu á [[Cushing Academy]], un internado en [[Ashburnham (Massachusetts)|Ashburnham]], Massachusetts, onde coñeceu o seu futuro esposo, Harmon O. Nelson (coñecido» como «Ham»).<ref name="News"/> En 1926, asistiu á presentación da obra ''[[Vildanden]]'' (''O parrulo silvestre'') de [[Henrik Ibsen]], con [[Blanche Yurka]] e [[Peg Entwistle]]. Segundo Davis recordou máis adiante, esa obra inspiroulle o pleno compromiso coa súa carreira: «Antes desa actuación, quería ser actriz. Despois desta, tiña que ser unha actriz [...] exactamente como Peg Entwistle».<ref>Chandler (2006), pp. 38-39</ref>