Diferenzas entre revisións de «Electrón»

m
Desfixéronse as edicións de 193.144.97.120 (conversa); cambiado á última versión feita por Andalcant
m (Desfixéronse as edicións de 193.144.97.120 (conversa); cambiado á última versión feita por Andalcant)
Etiqueta: Reversión
 
== Características ==
É moito máis lixeiro que o [[neutrón]] ou que o [[protón]]. Os [[proceso]]s [[electricidade|eléctricos]] en metais son debidos ó movemento de electróns (en [[fluído]]s corresponden a electróns, pero tamén a outras partículas), mentres que as [[Reacción química|reaccións químicas]] son debidas ó intercambio de electróns entre átomos, polo que se pode dicir que é a partícula que actúa na maior parte da transformación da [[materia]]. Nun [[campo eléctrico]], móvense en [[dirección]] contraria ó [[campo (física)|campo]], ou sexa, en dirección ó [[potencial]] positivo, e nun [[campo magnético]] móvense [[perpendicular]]mente ás [[liñas de campo]]. Como partícula de masa moi pequena que é réxese polas [[lei]]s da [[Mecánica Cuántica]], polo que presenta á vez propiedades de partícula e de [[Onda (física)|onda]]. A maneira de achar o seu [[raio (xeometría)|raio]] é facendo que a súa [[enerxía]] en [[repouso]] coincida coa do [[campo eléctrico]] producida pola súa carga; como onda presenta [[fenómeno]]s de [[interferencia]] e fenómenos de [[difracción]], preditos teoricamente por [[Louis de Broglie]].
 
A súa [[lonxitude de onda]] a 1[[eV]] é da orde de 1.22[[metro|nm]], que asemella á dos [[raios X]]; as súas [[propiedade]]s [[Onda (física)|ondulatorias]] empréganse na determinación de [[estruturas cristalinas]], a determinación de materiais e en [[microscopio|microscopios electrónicos]]. As [[propiedade química|propiedades químicas]] dos [[átomo]]s veñen determinadas pola súa [[estrutura electrónica]] (distribución dos electróns na zona exterior do átomo chamada [[cortiza electrónica]], ou tamén [[capa electrónica]]) e máis en particular polos que se atopan na última capa, tamén chamada [[capa de valencia]], en xeral sen completar, ós que se lles chama [[electrón de valencia|electróns de valencia]], que son os que fan que o átomo emita ou son os beneficiarios da [[radiación]] recibida nos [[Espectro electromagnético|espectros]]. A [[enerxía]] necesaria para desprender un electrón dun átomo pódese dar por medio de