Pont du Gard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*vóo(s) > voo(s).
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos de lingua.
Liña 16:
 
== Construción ==
As fontes de auga está só a 12 m por enriba do nivel dos depósitos da cidade de Nîmes. Os enxeñeiros romanos tiveron que facer gala dunha gran precisión para lograr que a auga chegase por gravidade ata a cidade. O acueduto enteiro ten unha [[pendente]] de 34 cm por km, é dicir 1/3.000, o que constitúe un esforzo técnico máis que notábel. Ten un trazado sinuoso para aproveitar ao máximo o relevo (a voo de paxaro [[Uzès]] está a só 20 km de [[Nîmes]]). A ponte foi construída para que a auga poidese atravesar o val do río Gard, transportando 20.000 metros cúbicos de auga por día ata Nîmes. A auga tardaba unha xornada en chegar desde as fontes do río Eure, preto de Uzès, ata a obra de repartición, aínda visíbel na rúa de La Lampèze en Nîmes, denominada o ''[[Castellum]]'' (que era o nome latino de tales obras). Nemausus-Nîmes estaba ben provista de auga, mercé a diversos pozos e máis un manacial próximo, de xeito que o acueduto non era vital, senón unha construción prestixiosa, destinada aoá subministrosubministración das [[Termas romanas|termas]], baños e outras fontes cidadás.
 
Foi construído por enteiro sen auxilio de [[morteiro]], mais os bloques pétreos —algúns de seis toneladas de peso— están sostidos con pezas de ferro. Son de pedra calcárea, obtidos dunha pedreira situada a menos de 1 km do monumento. Os [[perpiaño]]s eran erguidos por medio dunha roda, movida polos obreiros, que fornecía a potencia necesaria a unha [[cabria]]. Para soster a ponte foi precisa unha [[andamio|andamiaxe]] complexa, da que fican trazas na fachada da ponte como sinais de apoios e arestas saíntes nas pilastras. Suponse que a contrución debeu durar tres anos, empregándose entre 800 e 1.000 obreiros no obradoiro.
Liña 22:
O [[mestre de obra]]s, descoñecido, debeu ser un extraordinario enxeñeiro. A pont du Gard presenta, de feito, unha característica única na Antigüidade: cada unha das grandes bóvedas resulta da xustaposición de varias bóvedas independentes (catro no corpo inferior e tres no segundo), o que outorga ao conxunto a capacidade de adaptarse a lixeiros movementos e deterioracións, inevitábeles co paso de tempo. Xunto aos excelentes fundamentos da obra e da construción, de seguro permitiron resistir o paso dos séculos á pont du Gard. Esa partición da bóveda á xeito de [[anel|aneis]] independentes non se atopa máis que na zona de Narbona: pontes romanas de Sommières, Boisseron, Ambrussum, Nages e Solorgues.
 
O conduto da auga, sito no terceiro nivel ou corpo, está construído de [[morteiro]] e [[cascallo]], con paredes de [[seixo]]. Ten asegurada a súa [[estanco|estanqueidade]] cunha recubrición por medio doutro morteiro vermellizo (misturadomesturado con barro de tella). As dimensións dos túnel permiten que un home poida facer as reparación con comodidade.
 
== Galería de imaxes ==