Diferenzas entre revisións de «Maximiliano I de México»

sen resumo de edición
(engado táboa)
'''Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen''', nado o [[6 de xullo]] de [[1832]] en [[Viena]] e finado o [[19 de xuño]] de [[1867]] en [[Santiago de Querétaro]], foi arquiduque de [[Austria]] e príncipe de [[Hungría]] e [[Bohemia]], mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador '''Maximiliano I''' de [[México]], quen encabezou o [[Segundo Imperio Mexicano]], entre [[1863]] e [[1867]].
 
Era irmán do emperador de [[Austria]], [[Francisco Xosé I de Austria|Francisco Xosé]] e curmán de [[Pedro II do Brasil|Pedro II]] do [[Brasil]]. Casado coa princesa [[Carlota de México|Carlota de Bélxica]], tamén coñecida como emperatriz [[Carlota de México]]. Foi persuadido polo emperador francés [[Napoleón III]] e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do recén-fundado [[Imperio Mexicano]] acabado de fundar ([[1864]]-[[1867]]).
 
A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no [[México]] - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de [[Francia]], de [[Inglaterra]] e da [[Santa Sé]]. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.
11.061

edicións