Adenosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*subministro > subministración.
Liña 75:
Ademais o AMPc pode activar as canles de Ca, e para iso non necesita a proteína quinase A, o que, por exemplo, é unha vía secundaria para que a [[hormona liberadora da hormona do crecemento]] cause a liberación da [[hormona do crecemento]].
 
Outras proteínas distintas das proteinaproteína quinases A, que son activadas polo AMPc son as Epac (proteínas de intercambio activadas por AMPc). As Epac conteñen un dominio GEF (factor de intercambio de guanina), que se activa cando se une o AMPc á outra zona da Epac, o que permite que a Epac poida activar a outras proteínas.
 
=== En bacterias ===
Nas [[bacteria]]s o nivel de AMPc varía dependendo do medio usado para o seu crecemento. En concreto, o nivel de AMPc está baixo cando a fonte de carbono é a [[glicosa]]. Isto sucede debido á inhibición do encima que produce o AMPc, a adenil ciclase, como un efecto colateral do transporte de glicosa ao interior da célula. O [[factor de transcrición]] CRP [[proteína receptora de AMPc]], tamén chamado CAP ([[proteína activadora por catabolito|proteína activadora de xenes por catabolito]]), forma un complexo co AMPc e dese modo dito factor queda activado para unirse ao ADN. O CRP-AMPc fai incrementar a expresión dun grande número de xenes, incluíndo os dalgúns encimas, que poden intervir nona subministrosubministración de enerxía a partir de fontes distintas da glicosa.
 
Un exemplo deste mecanismo é a activación ("control positivo") polo AMPc do [[operón lac]]. Cando hai pouca glicosa na célula, o AMPc acumúlase e únese ao sitio alostérico do CRP, que é unha proteína activadora da [[transcrición (ARN)|transcrición]]. A proteína entón adopta a súa conformación activa e únese a un sitio específico situado antes do promotor do operón lac, facilitando que a [[ARN polimerase]] se una ao promotor e empece a transcrición dos xenes do operón lac. Deste modo a bacteria pode usar a lactosa para a produción de enerxía, xa que os xenes do operón facilitarán o uso dese azucre. Pero se hai suficiente glicosa, a concentración de AMPc descende, o CRP disóciase do operón lac, e dito operón deixa de transcribirse.