Lingua belarusa: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
recén > recentemente |
||
Liña 31:
* '''Fase media''': é a fase de esplendor, onde o belaruso alcanza o seu apoxeo no [[século XVI]], coa introdución do [[alfabeto latino]], coñecido como [[Lacinka]], cando foi utilizado por [[Franciszak Skaryna]] (1485-1551) como base para as súas traducións de moitos libros da [[Biblia]] (publicada en [[Praga]] e [[Vilna]] en belaruso). Foi esta forma de belaruso a que se utilizou para as grandes polémicas relixiosas da época, así como para as tres versións dos códigos legais do [[Gran Ducado da Lituania]] (en 1529, 1566 e 1588). A influencia do [[lingua polonesa|polonés]] tanto na gramática como no vocabulario, comeza a se tornar común despois da [[Unión de Lublin]] en [[1569]]. En [[1696]], o polonés declarouse o único idioma oficial da comunidade polaco-lituana. As clases sociais máis elevadas escolleron a lingua e a cultura polonesas. O belaruso practicamente desapareceu da literatura.
* '''Fase de decadencia''': ata o final do [[século XVI]], despois da [[Unión de Brest]] ([[1596]]), comeza un declive gradual do uso do belaruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do [[século XVII]], ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o [[século XVIII]] o belaruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana ([[1792]]-[[1795]]) a Belarús pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da [[Rusia]] e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do belaruso nas escolas , como tamén textos en belaruso en calquera xornal, o que non se anulou ata [[1905]]. No comezo do [[século XX]] o belaruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de [[1914]], establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
* '''Fase de rexurdimento''': a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no [[século XIX]]. Todo o territorio belaruso pasou a formar parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios
== Datos estatísticos ==
|