Calipso (lúa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 53:
|}
 
'''Calipso''' (ou en [[lingua grega|grego]] ''Καλυψώ'') é unha [[satélite natural|lúa]] de [[Saturno]]. Foi descuberta en 1980, a partir de observacións terrestres, por [[Dan Pascu]], [[P. Kenneth Seidelmann]], [[William A. Baum]], e [[Douglas G. Currie]], e recibiu a designación provisional de '''{{nowrap|S/1980 S 25}}'''.<ref>[http://cfa-www.harvard.edu/iauc/03400/03496.html IAUC 3496: ''Satellites of Saturn''] 31 de xullo de 1980 (descubrimento)</ref> Nos meses posteriores quedarían rexistradas varias aparicións máis, coas súas designacións temporais incluídas: {{nowrap|S/1980 S 29}}, {{nowrap|S/1980 S 30}},<ref>[http://cfa-www.harvard.edu/iauc/03500/03549.html IAUC 3549: ''Satellites of Saturn''] 11 de decembro de 1980</ref> {{nowrap|S/1980 S 32}},<ref>[http://cfa-www.harvard.edu/iauc/03600/03605.html IAUC 3605: ''Satellites of Saturn''] 18 de maio de 1981</ref> e {{nowrap|S/1981 S 2}}.<ref>[http://cfa-www.harvard.edu/iauc/03500/03593.html IAUC 3593: ''Satellites of Saturn''] 16 de abril de 1981</ref> En 1983 recibiría oficialmente o nome de [[Calipso (mitoloxía)|Calipso]], procedente da [[mitoloxía grega]]<ref>Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nome de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en [http://cfa-www.harvard.edu/iauc/03800/03872.html IAUC 3872: ''Satellites of Jupiter and Saturn'']{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}, 30 de setembro de 1983)</ref>. Tamén é coñecido coma '''{{nowrap|Saturno XIV}}''' ou '''Tetis C'''.
 
Calipso é unha lúa co-orbital de [[Tetis (lúa)|Tetis]], e está situada no [[punto de Langrage]] de cola (retagarda) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann ''e o seu equipo'' en 1981.<ref name="Seidelmann1981">{{cita publicación periódica|doi=10.1016/0019-1035(81)90172-X|título=Saturn satellite observations and orbits from the 1980 ring plane crossing|ano=1981|autor=Seidelmann, P|revista=Icarus|volume=47|páxinas=282}}</ref> A lúa [[Telesto (lúa)|Telesto]] reside no outro punto de Langrage (no de vangarda) de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos [[Troiano (astronomía)|asteroides Troianos]], hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, [[Polideuco (lúa)|Polideuco]] e [[Helena (lúa)|Helena]], que son troianas de [[Dione (lúa)|Dione]].