Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Arranxos varios
Liña 42:
Lectora infatigable dende os 8 anos de idade, aos nove compuxo os seus primeiros [[verso]]s, e aos quince o seu primeiro conto, ''Un matrimonio del siglo XIX'' ([[1866]]).<ref name= Bibliotecaautor>[http://www.cervantesvirtual.com/portales/pardo_bazan/ Emilia Pardo Bazán] na [[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]].</ref>
 
A súa afección á lectura víñalle de rapariga, cando pasaba horas na biblioteca do pai. Na biblioteca accedeu a un amplo abano de lecturas; segundo declarou, os seus libros favoritos eran ''[[Don Quixote da Mancha]]'', a [[Biblia]] e ''[[A Ilíada]]''.<ref name=Espaciolibros>[http://espaciolibros.com/escritores/E/Emilia%20Pardo%20bazan Informacion del Autor: Emilia Pardo bazan] Espaciolibros.com, consultada o 09/06/09 {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120118044028/http://espaciolibros.com/escritores/E/Emilia%20Pardo%20bazan |date=18 de xaneiro de 2012 }}</ref> Na casa da Coruña leu ''La conquista de México'' de [[Antonio de Solís]] e as ''[[Vidas paralelas]]'' de [[Plutarco de Queronea|Plutarco]]. Así mesmo, sentía fascinación polos libros sobre a [[Revolución Francesa]].<ref name=Espaciolibros/> Durante os invernos, tempo no que a familia moraba en Madrid por mor das actividades políticas do pai, militante no partido liberal progresista,<ref name= Bibliotecaautor/> Emilia asistía a un colexio [[Francia|francés]] protexido pola Real Casa. Alí coñeceu a obra literaria de [[La Fontaine]] e [[Jean Racine]] .<ref name=Espaciolibros/>
 
Cando a escritora contaba con 12 anos de idade, a familia decidiu ficar na Coruña durante os invernos, recibindo Emilia clases de titores privados.<ref name=Espaciolibros/> Xa dende moi cedo, abrollou en Pardo Bazán un forte carácter e un espírito de independencia pouco habitual nunha muller, rexeitando as leccións de [[piano]] e mais as clases de música, que era o que tiña que aprender para adornar os salóns unha señorita do seu tempo.<ref name=Espaciolibros/> Cando moza, adicou a meirande parte do tempo á súa gran paixón, a lectura.<ref name=Espaciolibros/>
Liña 78:
Un ano despois a escritora publica ''La madre naturaleza'', onde continúa coa temática da decadencia do mundo rural galego, sobre o que xa cismara nas súas dúas novelas precedentes. Publicou tamén ''Insolación'' ([[1888]]), obra que volveu xerar certa polémica por mor da obvia [[sexualidade]] da heroína, nunha novela onde se defende a igualdade entre homes e mulleres no tocante á moral sexual.<ref name=Uvilce/> Esta inquedanza pola igualdade de homes e mulleres xa lle viña dende cativa, cando escoitaba o pai dicir:{{Cita|''Mira, miña filla, os homes somos moi egoístas, e se che din algunha vez que hai cousas que poden facer os homes e as mulleres non, di que é mentira, porque non pode haber dúas morais para os dous sexos.<ref name=Andaina>[http://www.andainamulleres.org/senlleresult1.php?nome=Emilia+Pardo+Baz%E1n Emilia Pardo Bazán en Senlleiras] Andainamulleres.org, consultada o 10/06/09</ref>''}}
 
En [[1890]], dez anos despois da súa incursión no [[xornalismo]] da man da ''[[Revista de Galicia (1880)|Revista de Galicia]]'' (1880), Pardo Bazán fundou ''Nuevo Teatro Crítico'', revista na que participou ela soa e que editou durante tres anos. Nela rende unha homenaxe ao seu admirado [[Benito Jerónimo Feijoo]]. Nese tempo a escritora xa gozaba de sona tanto en España coma no estranxeiro, debido principalmente ao seu labor como crítica e á súa figura sempre polémica.<ref name=Uvilce/> Un ano máis tarde, en [[1892]], saíu do prelo a ''Biblioteca de la Mujer'', obra que nace do desacougo de Pardo Bazán na instrución da muller referida ao coñecemento científico, histórico e filosófico. As escasas vendas da obra acrecentan a crenza da escritora en que o peor mal da muller da época é a súa ignorancia e a falta de interese pola aprendizaxe.<ref>[https://www.msu.edu/~wilso122/bazan/fem.htm Feminismo] Msu.edu, consultada o 11/06/09 {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071012103326/http://msu.edu/~wilso122/bazan/fem.htm |date=12 de outubro de 2007 }}</ref>
 
Dende tempo atrás dona Emilia viña colaborando en numerosas revistas e xornais, con crónicas de viaxes, artigos, ensaios e numerosos contos que agruparía en varias coleccións: ''Cuentos de Marineda'', ''Cuentos de amor'', ''Cuentos sacroprofanos'', ''En tranvía'' (Contos dramáticos), ''Cuentos de Navidad y Reyes'', ''Cuentos da patria'', ''Cuentos antigos''... E tamén na prensa, en ''La Lectura'', empeza a saír en [[1903]] a súa novela ''[[La Quimera]]'', que dous anos despois vería a luz como libro. Na novela, Pardo Bazán deixa entrever certos elementos autobiográficos á par que a súa relación co pintor [[Galicia|galego]] [[Joaquín Vaamonde]], pintor que a retratou en varias ocasións.<ref name=Uvilce/> Confirmando o seu criterio de que a novela debe reflectir o momento no que é escrita, poden apreciarse en ''La Quimera'' certos ecos [[modernismo|modernistas]] e [[simbolismo|simbolistas]].